A perigosa e irresponsábel entrada na Ría do último gaseiro [o 39], tivo a súa resposta nunha nova acción de protesta, este Sábado 10 de Xaneiro

20090111

De: Comité Cidadán de Emerxencia -comitecidadan@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 11 de janeiro de 2009 22:33
Asunto: A concentración do pasado sábado, día 10 de xaneiro




A concentración do pasado sábado, día 10 de xaneiro

A precipitación da convocatoria, e o ser, para moitos, o terceiro día consecutivo de concentración [38º Gaseiro, Solidariedade con Palestina e 39º Gaseiro], non impedíu que medio cento de persoas asistisen ao chamamento do Comité Cidadán de Emerxencia, para reunirse fronte ao Edificio da Xunta de Galicia e rexeitar o temerario tráfico de gaseiros no interior da Ría, que esta comarca se ve obrigada a soportar como consecuencia da ilegal e perigosa localización da Planta de Gas.

De acordo coa postura mantida nos últimos dez anos, e conforme ao determinado na XX Asemblea Cidadá, estas concentracións se seguiran convocando cada vez que un gaseiro cargado de Gas Natural Licuado irrompa na nosa Ría, agravando a situación de perigo permanente e de deterioro ambiental, paisaxístico e laboral que estamos a soportar.

FOTOGRAFÍAS:
Album 1
Album 2

¡¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA ¡!

_________

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org

___________________

Postado por Saúde e Liberdade ! às 23:56  

0 comentários:

Postar um comentário

Colectivo Ártabra 21 - Designer: Douglas Bowman | Dimodifikasi oleh Abdul Munir Original Posting Rounders 3 Column