16 de febreiro, 2009 O Programa de Nacións Unidas para o Medio Ambiente destacou este luns que se necesitan con urxencia acciones para reducir os niveis de emisión de gases de efecto invernadoiro a través de economías máis amigables co medio ambiente.
No seu anuario 2009, tamén alerta sobre a crecente preocupación dos científicos pola liberación de gases como o metano proveniente do desxeo do Ártico e o derretimiento do chan permanentemente xeado.
O PNUMA advirte que o manto de xeo de Groenlandia, está perdendo actualmente 100 quilómetros cúbicos de xeo ao ano.
Estímase que os niveis do mar poderían aumentar ata en 2 metros no próximo século debido unicamente ao desxeo de Groenlandia.
Esta situación podería desprazar a máis de 100 millóns de persoas en Asia, 14 millóns en Europa e 8 millóns en África e América Latina respectivamente.
O anuario destaca que o sector do transporte contabiliza máis do 20% das emisións globais de gases de efecto invernadoiro.
Indica que en 2005 circulaban uns 650 millóns de vehículos. Espérase que esa cifra duplíquese para 2030.
Fonte: Centro de Noticias de Nacións Unidas
___________________
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
martes, febreiro 17, 2009
Urxen economías máis amigables co planeta
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan martes, febreiro 17, 2009
Tags
Artigos relacionados
- Boletín informativo ambiental 05/11/2021 Neste informativo semanal sobre o medi
- O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol apoia a acción sorpresa que Greemp
- O vindeiro o sábado 11 de febreiro en Montefaro, Betula, a asociación para a custodia
- Boletín informativo ambiental 08/04/22 O decreto-lei de Sánchez no que exime de aval
- Boletín informativo ambiental 03/05/22 O vindeiro domingo, Galiza prevé vivir unha i
- O H2Med protagonizará o cume hispano-francesa a pesar da súa dubidosa viabilidadeO proxec
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon