mércores, abril 29, 2009

Este Xoves, 30 de Abril, Concentración: En Loita contra a precarización da nosa vida, por un Traballo Digno para Todas e Todos

CONCENTRACIÓN

30 de Abril, ás 7 da tarde, na Praza do Concello de Ferrol

  • MOVEMENTO POLO TRABALLO DIGNO
  • EN LOITA CONTRA A PRECARIZACIÓN DA NOSA VIDA
  • POR UN TRABALLO DIGNO PARA TOD@S

Este é un colectivo de cidadáns fartos de sufrir as consecuencias dun sistema económico caduco e inxusto, que só beneficia a “banqueiros, empresarios e unha clase política corrupta e avariciosa”. Eles son os únicos culpables da grave situación económica e social que estamos a vivir a inmensa mayoría dos traballador@s mentres os ricos están a roubar e dilapidar a riqueza que con tanto esforzo produciu a clase traballadora. Mentres tanto nós seguimos a ser sobrexplotados e despedidos en masa nun xogo onde non temos nin voz nin xustiza algunha e onde só se acordan de ti para pedirche e manipular o teu voto posto que o utilizan para lexitimar os seus abusos e delitos. A actual crise provocou xa catro millóns de traballador@s no paro dos que vinte mil están na nosa comarca as perspectivas dos voceiros económicos predeciu que no ano 2010 chegaremos ós cinco millóns de traballador@s desempregados dos que trinta mil pertencerán á nosa comarca. Isto é unha gran ameaza para a cidadanía que se vería afundida na miseria xunto a todos aqueles que dependen de nós incluidos os anciáns que suporía un perigo as súas pensións, pensións que pagamos nós. Pero os ricos seguen a rir dos obreiros, e aquí poñemos algúns exemplos:
  • Acciona despediu ós seus traballador@s no porto exterior e a súa vez contratou man de obra barata.
  • Eshor prepara un novo ERE que suporía o despido de 250 obreiros.
  • En Navantia é indigna a precariedade que se está a sufrir a través da subcontratación e o despido libre.
  • No sector servicios tamén están a despedir ás persoas sobrexplotadas algunhas sen contrato e as empregadas do fogar sustitúense por man de obra semi escrava.
Pero a palma lévana os concellos e o seu “Plan E” posto que recibiron millóns de euros para contratar desempregados e no seu lugar trouxeron subcontratas con man de obra barata. Para opoñernos a todo isto constituímonos neste movemento polo traballo digno que intentará organizar nos só ós desempregados senón a toda a sociedade civil e presionar ós políticos a actuar contra as prácticas mafiosas dos empresarios e banqueiros e obrigar ós sindicatos a convocar a unha folga xeral na defensa da clase traballadora.

O MOVEMENTO POLO TRABALLO DIGNO esiximos como pobo:
  • Traballo digno para tod@s.
  • Unha saída ós desempregados sen subsidio e ningún tipo de recurso.
NON SEREMOS MOEDA DE CAMBIO PARA O DESPIDO LIBRE E A IMPLANTACIÓN DE CONTRATOS TEMPORAIS ÚNICOS.

MOVILÍZATE CON NÓS NA CONCENTRACIÓN DO DÍA 30 DE ABRIL FRONTE Ó CONCELLO DE FERROL ÁS 19:00 HORAS.

QUE A CRISE A PAGUEN OS RICOS!! QUE NON SE RÍAN DE TI!!

DEFENDE OS TEUS DEREITOS!! TRABALLO DIGNO PARA TOD@S!!

________________________

Relacionada:
__________________

1 comentarios so far

En cuanto alguien comprende que obedecer leyes injustas es contrario a su dignidad de hombre, ninguna tiranía puede dominarle.

Mahatma Gandhi (1869-1948)

A LOITAR!!


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon