mércores, abril 29, 2009

A todas as Asociacións.... resposta ao Ministerio

A todas as Asociacións

Prezad@s amig@s:

Reganosa solicitou da Dirección General de Política Energética a ampliación da capacidade de emisión a 825.600 m3 (N)/H, da súa Planta de Regasificación de GNL en Mugardos. Isto supoñería ampliar ao dobre a utilización de auga da nosa Ría, que devolverán á mesma sen vida e a inferior temperatura.

Con este motivo, a Dirección General de Calidad y Evaluación Ambiental, está dirixíndose a distintas Institucións, Organismos, Entidades e Asociacións da nosa Comarca e de Galicia, ao obxecto de consultarlles se cren necesaria a realización do Estudo de Avaliación de Impacto Ambiental, ou se consideran suficiente as medidas de prevención propostas polos propietarios da Planta.

Acompañan a ese escrito un CD informativo elaborado por Reganosa.

Ante esta situación, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, elaborou un modelo de resposta-tipo, para distribuír entre as entidades que desexen facelo seguir ao Ministerio de Medio Ambiente, con independencia de que haxan recibido ou non a comunicación do Ministerio.

Engadimos a este correo o modelo citado, no que deberán ser cubertos os datos da Asociación e do seu representante, para remitilo ao Ministerio, cuxo enderezo figura no encabezamento do escrito.

Unha vez remitido, e para control deste Comité, agradecemos nos indiquedes neste correo a data de envío.

Grazas pola vosa colaboración nesta loita de todos.

¡¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

Prégase a máis ampla difusión


Enviado por:

Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
29 de abril de 2009 00:08

--
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org

_________________

1 comentarios so far

Os TRAIDORES do BNG veñen de votar no pleno de hoxe en contra de facer realización do Estudo de Avaliación de Impacto Ambiental para a ampliación de regasificazon da ilegal planta de gas.

Queda claro quen e o sr Pita é compaña ..................

PERDIMOS POR OS DOUS VOTOS DO BNG

A partires de agora imos facer unha boa campaña deste merdeiro.


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon