O "Cheikh El Mokrani", un gaseiro cargado con miles de toneladas de GNL, ten prevista a entrada na Ría de Ferrol, para a ilegal e perigosa REGANOSA, é por isto polo que o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol convoca unha acción de protesta en Ferrol este Xoves 21 de Maio, ás 7 da Tarde, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, na Praza Amada García. Este sería o 45 buque gaseiro que atraca no peirao de REGANOSA en Punta Promontorio.
Caracteristicas:
O metaneiro Cheikh O Mokrani, cunha capacidade de 75.500 m3 de Gas Natural Licuado, ten unha eslora de 220 metros, unha manga de 35, un calado máximo de 10,75 e un desprazamento de 55.200 TM. O gaseiro, considerado de dimensións medias dentro do estándar desta clase de buques, foi construído en 2005. Navega baixo bandeira das Bahamas, Eslora.- 220 m Manga.- 35 m, Calado.
¡PLANTA DE GAS FORA DA RÍA!
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org
_______________________________
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
Home
Planta de gas
Reganosa
O "Cheikh El Mokrani", un gaseiro cargado con GNL, ten prevista a entrada na Ría: O Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha acción de protesta
mércores, maio 20, 2009
O "Cheikh El Mokrani", un gaseiro cargado con GNL, ten prevista a entrada na Ría: O Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha acción de protesta
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan mércores, maio 20, 2009
Artigos relacionados
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon