venres, novembro 27, 2009

O terceiro gaseiro que se agardaba estes días, ten prevista a súa entrada este Sábado 28 de Novembro: O Comité Cidadán convoca unha acción de denuncia e protesta



[Feito cunha foto de:romarin]


Ante a a pevisión de entrada na Ría de Ferrol do "LNG Lokoja", novo buque gaseiro, que fai o número 56 desde Maio de 2007, cargado con GNL-LNG para a ilegal e perigosa Reganosa, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, chama a concentrarse unha vez máis na Praza Amada García de Ferrol, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, o mesmo Sábado 28 de Novembro de 2009, ás 7 da Tarde, para denunciar e protestar ante tanta irresponsabilidade das autoridades municipais, autonómicas e centrais.




Participa !! 

¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA ¡


Características do buque: Nome "LNG Lokoja" -  Bandeira "Bermudas" - Eslora "288.2 m" Manga "43.44 m" - Calado "12.35 m"

Para apoiar e colaborar co Comité Cidadán:


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org



Enviado por:
Comité Cidadán de Emerxencia
comitecidadan@gmail.com
27 de novembro de 2009 00:43

_________________________

1 comentarios so far

Faceros chegar a tod@s que no FACEBOOK temos dous sitios.

O grupo- planta de gas fora da ría 1062 membros

É en causes-Planta de Gas Fóra da Ría 911 membros

A Coz de Galicia facíase eco de que no Facebook se tiña formado un grupo que pedía converter a Fragata Asturias en museo naval,o grupo en sí denomínase- QUIERO SER UNA FRAGATA MUSEO DE LA ARMADA.
Con toda a publicidade que lles deu A COZ,son 855 membros

XA NON SOMOS OS SIN VOZ,TEMOS E BERRAMOS
¡¡PLANTA DE GAS FÓRA DA RÍA!!

PD.Tamén se fixo un grupo de lembranza a nosa compañeira Anita,o grupo chamase- HOMENAJE A ANITA PAZ

Animaros a faceros membros para seguir tendo mais voces
Apertas


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon