Venres 14 de Maio de 2010, ás 5 da Tarde no Cemiterio de Catabois
Acto de lembranza ao noso compañeiro Tino Deibe no 2º aniversario do seu pasamento
Agradarianos que nos acompañases nesta sinxela homenaxe.
Agustín Deibe Río (Ferrol, 1949-2008) ”Tino Deibe”, Socio fundador e directivo da A.C. “Fuco Buxán”.
Traballador da Sala Técnica da antigua BAZAN, representante sindical e activo militante das CCOO. Sempre comprometido coa causa da liberdade e a democracia, militou no Partido Comunista de Galicia e no Partido dos Traballadores, integrándose no ano 1991 no PS de G - PSOE.
O seu compromiso social e solidario desenrolouse tamén no tecido asociativo da nosa cidade: ANPAS, movemento veciñal e cultural.
Axudou a fundar, en representación da nosa Asociación, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol.
Tino foi nomeado Socio de Honra da nosa entidade na Asemblea do ano 2009.
“Tino Deibe deixou obra no persoal, no social, no cultural, no político. O seu gran mérito foi, quizáis, o non querer nunca vestirse nos laureis do recoñecemento diante dos outros. Pero nós, que marchamos xunto a él, sabemos que na Historia da Clase Obreira, homes así, da categoría humana de Tino, son os que cambiaron o mundo a mellor, porque sen eles non se terían quebrado as cadeas, avanzado a Ciencia ou divulgada a Arte ata o seu Pobo”.
--
fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492 www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es
Enviado por:
Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol
-fucobuxan@gmail.com-
11 de maio de 2010 19:49
________________
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
Home
Fuco Buxan A. C.
Tino Deibe
Acto en lembranza de Tino Deibe, este Venres 14 de Maio de 2010, no segundo aniversario do seu pasamento
venres, maio 14, 2010
Acto en lembranza de Tino Deibe, este Venres 14 de Maio de 2010, no segundo aniversario do seu pasamento
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan venres, maio 14, 2010
Artigos relacionados
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon