venres, maio 14, 2010

Novo Programa "O Recuncho", este Sábado 15 de Maio, no 93.9 da FM en Rádio Filispim



Sábado 15: O Recuncho nº 30 en 93.9 FM

Sábado 15 de Maio, nova edición de O Recuncho.
O programa radiofónico de “Fuco Buxán”, de 11 a 13 horas no 93.9 fm, Radio Filispim.

Neste programa destacamos os seguintes contidos:
  • Do 22 ao 27 de marzo deste ano 2010, estiveron en Ferrol dúas antropólogas catalás – Susana Narotzky e Irene Sabaté . Continuamos escoitando a entrevista que tivemos dende O Recuncho. Esta vez, fálannos do Plan Bolonia.
  • Na sección poética, esta vez levada por Helga Méndez dende o estudo, directora de Bartoleta Teatro, especial Uxío Novoneira.
  • Nuria Fernández Brage, directiva de Fuco Buxán, falaranos do caso “Pico Vello”.
  • Xuizo aos mariscadores que intentaron deter o paso dun gaseiro no ano 2007.
  • Coma de cotiá, José Torregrosa coa sú sección “O espertar da razón”. Falaranos da figura de Tino Deibe.
Tódolos programas en www.recunchofuco.blogspot.com

Outros actos:
  • Venres 14, ás 17 h. Cemiterio de Catabois. Homenaxe a Tino Deibe.
  • Venres 14, ás 19 h. Centro C. "Torrente Ballester" Visita guiada a exposición de Suso Basterrechea.
  • Sábado 15, "Roteiro a Pico Vello", en defensa das Fragas do Eume.
  • Sábado 15, ás 18 h. Concentración unitaria pola lingua, na Praza Rosalia de Castro de Ferrol.
  • Sábado 15, ás 20,30 - Teatro Jofre. "as Letras Galegas 2010. Acto Cidadán".
  • Lúns 17, ás 12 h. Alameda de Compostela. Manifestación en defensa da Língua.
--
fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es

Enviado por:
Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol
-fucobuxan@gmail.com-
13 de maio de 2010 16:52
___________________

Enlaces relacionados:






________________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon