sábado, maio 29, 2010

Inculpación do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol no proceso aos 60 Mariscadores, pola acción que impideu a entrada do "Galica Spirit" na Ría de Ferrol

Tags


O vindeiro martes dia 1 de Xuño as 11.30h os membros e membras do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol acudirán aos xulgados de Ferrol para presentar un escrito de inculpación dirixido á Fiscalia, diante do proceso aberto contra 60 mariscadores da Confraria de Ferrol polo feitos acaecidos en Maio de 2007, cando foi impedida a entrada na nosa Ría do buque gaseiro "Galicia Spirit" cargado con GNL para subministro da planta de Reganosa. Unha accion decidida polo CCE e na que participaron representantes dos diferentes colectivos que forman parte do CCE e da Asemblea Cidadá.

ESCRITO DIRIXIDO Á FISCALIA DE FERROL

…......................................................
con DNI nº.........................................
domiciliado en ...................................

Expón que tivo coñecemento de que polo antigo Xulgado de Primeira Instancia e Instrución nº 3 de Ferrol e nas dilixencias previas 443/2007, ditouse auto polo cal se dispón que, os feitos denunciados pola Guarda Civil con data 7 de maio, puideran ser constitutivos dun presunto delito de DESOBEDIENCIA GRAVE Á AUTORIDADE, DESÓRDES PÚBLICOS E COACCIÓNS GRAVES, imputándose a súa comisión a un colectivo de mariscadores e pescadores de Ferrol.

Quen expón, quere poñer en coñecemento desa Fiscalía, que tamén participou nos feitos polo que foron abertas dilixencias, sen alcanzar a comprender por qué só se dirixiu a investigación ao colectivo de mariscadores cando moitos deles non participaron nos feitos, aínda que de ter intervido, estaría plenamente xustificado dado os graves danos que coa súa acción trataban de evitar.

Non parece axustado a Dereito que se procese a estas persoas polo só feito de ter identificado o seu barco, sen comprobar a súa participación e non chamar a declarar a outras moitas persoas que si participaron, entre as que se encontra a persoa que asina esta denuncia.

Polo exposto,

SOLICITA DA FISCALIA, proceda a pedir ao Xulgado Instrutor que tome declaración á persoa asinante para unha maior comprensión e comprobación dos feitos e sobre a súa participación nos mesmos, co obxecto de proceder á constitución plena das responsabilidades, se existisen.

Ferrol, 27 de maio de 2010

--
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org

Enviado por:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
29 de maio de 2010 12:04
_______________________

Enlaces relacionados:

Ártabra 21: O "Galicia Spirit" na memoria: posíbel procesamento de 60 persoas no transcurso da loita contra Reganosa

Ártabra 21: O Comité Cidadán de Emerxencia organiza un Festival Solidario coa Xente do Mar: Venres 4 de Xuño de 2010
____________________

Secuencia, ao encontro do "Galicia Spirit", do documentario "O Salario do Silencio", realizado por: Mabel Rivera e Enrique Banet.




Fonte: http://www.youtube.com/user/Tximbalee

Enlace coa Galería Fotográfica nos Arquivos Ártabros
[38 fotos]
__________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon