luns, xuño 07, 2010

Grande suceso do Festival Solidario coa Xente do Mar, celebrado en Ferrol o pasado Venres 4 de Xuño: Tod@s paramos o "Galicia Spirt" !

Tags

Exito do Festival en solidariedade cos Mariscadores

Moitas persoas foron as que se achegaron até a Praza Vella na zona do Porto de Ferrol. Celebraba-se un Festival Solidario coa Xente do Mar, organizado polo Comité Cidadán de Emerxencia. O motivo era solidarizar-se cos 60 mariscadores da Ría procesados, por impedir o paso do buque gaseiro "Galicia Spirit" que se dirixía, coa súa carga de gas, á ilegal e perigosa planta de Reganosa en Mugardos, era o 7 de Maio de 2007. A xuíz considera que "os procesados poden ser imputados de delitos de desordes públicas, desobediencia grave á autoridade e coaccións graves".


Un evento excecional

Un evento excepcional, así o cualificaron moitas das persoas que se achegaron ao festival en solidariedade cos mariscadores da Ría de Ferrol. Grazas por deixar-nos participar co noso grao de area, comentaban os grupos de artistas que ao longo de toda a tarde e noite do venres, encheron de arte e solidariedade a Praza Vella do porto de Ferrol.


Agradecemento da Xente do Mar

As palabras do Patrón Maior da Confraría, Xosé Estévez, foron de agradecemento e lembranza dos sucesos do mes de Maio de 2007. Unhas imaxes do documental “O salario do silencio”, proxectadas contra a carpa que cubría unha parte da praza, trouxeron á memoria de moitas das persoas alí reunidas, o sucedido naqueles primeiros días de Maio.


A música

A música e o baile recibiron a madrugada do “Día Mundial do Medio Ambiente”, que ficará na memoria de quen por alí pasou ou participou, como unha xornada de reivindicación e confraternización, no sentimento de que unha ameaza, e unha inxustiza como a que representa Reganosa na vida de miles de persoas desta comarca, non pode quedar sen resolver, non pode quedar impune.

A listaxe de grupos que participaron, con caché "0 €" é longa: dous integrantes do grupo de pop ferrolán "Quant" que interpretaron unha só canción, en homenaxe ás persoas que luitan contra o despropósito gasístico, "Ninguén parece escoitar"; o folc das Cantareiras de Trasancos; A Quadrilha do Campo de Chao que tamén fan folc e son de Ferrol; desde Ourense "O Sonoro Maxín"; desde Coruña "Os tres trebóns"; o grupo de rock "Zënzar" desde Cerceda; desde Ferrol o rock de "La Sentina"; "Kastomä" rock desde Ordes e rematou o festival Pulpiño Viascón, con Roberto Grandal e Turu.


Desbordou-nos a solidariedade

Mais moitos foron os grupos que respostaron á chamada do Comité Cidadán, solidarios coa causa contra o despropósito gasístico e cos mariscadores procesados, non puideron participar no evento mais queremos nomea-los e amosar o noso agradecemento: ATAQUE ESCAMPE, DANDY FEVER, DUPLO SON, ESQUÍOS, FANNY&ALEXANDER, GALEGOZ, GUEZOS, KOGITO, LABAZADA, MACHINA, NON SOMOS NADA, NONRESIDENTZ "ex membros", O LEO i ARREMECAGHONÁ!, OS JOHN DEERES, OS TRASNOS DE MOSCOSO, RAIBA, RUXE-RUXE, SACHA NA HORTA.

A tod@s grazas!!!

Blogue do Festival do Comité Cidadán: http://todosparamosogaliciaspirit.blogspot.com/

Carrusel de diapositivos
http://picasaweb.google.es/reganosa.ferrol/TodSParamosOGaliciaSpirit#slideshow/5479658527911847714

Álbum de Fotos
http://picasaweb.google.es/reganosa.ferrol/TodSParamosOGaliciaSpirit#

RSS do Álbum
http://picasaweb.google.es/data/feed/base/user/reganosa.ferrol/albumid/5479656962128986529?alt=rss&kind=photo&hl=en_U
  • POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA !!
  • CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA !!
  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!
Para apoiar e colaborar co Comité Cidadán:


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org



Información baseada na enviada polo:

Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
7 de junho de 2010 00:13
____________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon