domingo, agosto 22, 2010

O "LNG Sokoto" cargado con ducias de miles de m3 de GNL-LNG para Reganosa, ten prevista a súa entrada na Ría o Luns 23 de Agosto: O Comité Cidadán convoca acción protesta

Tags



Este Luns, 23 de Agosto de 2010, un outro buque gaseiro, o "LNG Sokoto", cargado con miles de Tm de Gas Natural Licuado, ten prevista a súa entrada na Ría de Ferrol, para descargar o GNL-LNG na Planta de Gas, no Porto de Punta Promontorio -Mugardos. Con este serán 72, os buques gaseiros que descargarán nos tanques de Reganosa. Non hai moitos días que o facia o “Iberica Knutsen”. Cada vez que entra, cargado, un gaseiro, este aumenta o potencial perigo que por si mesma ten a planta de Reganosa ilegalmente construída no corazón da nosa Ría. Non só polo perigoso operativo de entrada pola sinuosa canle, senón que tamén perante as máis de 24 horas que dura a descarga do gas.

Estas descargas producen-se cando seismos económicos de moitos grados, sacuden o accionariado de Reganosa que pretende deixar nas mans dunha multinacional de Fundos de Inversións, especialista en especulación financieira, a "estatéxica" planta de gas. Mais disto xa informará o Comité, con todos os datos na man, logo da sua análise.

Diante da anunciada entrada do gaseiro que fai o 72, desde que en Maio de 2007, entrara ilegalmente, o "Galicia Spirit", logo de ser bloqueado por varias veces, e polo que ainda hai un proceso xudicial pendente, o Comité Cidadán convoca unha acción de denuncia e protesta, cunha Concentración Sonora, o mesmo Luns, ás 8 da Tarde, na Praza Amada García de Ferrol, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia.


Características do Buque:
Buque monocasco construído en 2002
Bandeira: Bermudas - Eslora: 288,75 m - Manga: 48 m - Calado: 11,5 m - Capacidade: 135.000 m3.

¡DIFUNDE E PARTICIPA!

  • POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA !!
  • CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA !!
  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!
Para apoiar e colaborar co Comité Cidadán:


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org


Información baseada na enviada polo:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
22 de agosto de 2010 00:08
__________________

1 comentarios so far

En realidade sería o número 73, o día seguinte á entrada do Ibérica Knutsen, o martes 17, xa había outro gaseiro no peirao de Reganosa, o Excalibur.


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon