mércores, setembro 29, 2010

Pequena análise e unha crónica da xornada de Folga Xeral do 29 na comarca de Ferrol Terra - Audio - Fotos - Enlaces


A análise

O pobo Galego amosou a súa indignación e protesta contra as políticas neoliberais do Goberno Español e da Xunta de Galicia. A Clase Traballadora soubo respostar as agresivas medidas anti-sociais e anti-obreiras do Goberno Zapatero. A Folga Xeral foi todo un éxito, en toda Galiza e en especial na nosa Comarca. No resto do Estado tivo igual suceso e en Europa concretizou-se na Xornada de Loita Europea, en protesta contra as medidas neoliberais que están aplicando os diferentes gobernos da Unión Europea, ao dictado do disposto polo FMI, o Banco Mundial e a Comisión Europea, que non son outras que as medidas impostas polos grupos transnacionais e a grande banca internacional. Estes empeñan-se no obxectivo de desarmar sindicalmente á clase obreira, desregularizar as relacións laborais, empobrece-la e roubar-lle os recursos esenciais e o estado do benestar. Polo que as mobilizacións na nosa Comarca estiveron enmarcadas nun contexto de resposta global. A manifestación de hoxe en Bruxelas foi todo un simbolismo, organizacións sindicais de máis de 30 países berrando contra as políticas neoliberais e de recortes de dereitos, xunto ás mobilizacións en diferentes cidades europeas e as folgas xerais, destes últimos días, en Francia, Eslovenia e Grecia, son unha realidade de loita obreira.


A Folga Xeral tivo importante repercusión na nosa Comarca. Os "piquetes" unitarios -verdadeira ferramenta de clase, importantes en número de persoas e en conciencia, respostaron como nunca, conseguindo unha situación excecional. A xornada, na Comarca, foi realmente de loita con todos os ingredientes. As manifestacións numerosas, os discursos coerentes, e o estado de ánimo e de conciencia moi elevados. Faltou só a unidade sindical, pois a unidade de clase si a houbo, para que a xornada fora un éxito completo. Agora cumpre non desmobilizar-se e continuar na actividade de recuperación sindical e de capacidade de loita, para así mellor defender os nosos dereitos e intereses. A maior responsabilidade -a falta dun organismo unitario- está agora nas centrais sindicais estatais, van ser estas as que xestionen os resultados das mobilizacións, elas piden unha rectificación ao Goberno Español, máis non debemos quedar-nos tan só nunha rectificación que xa de por si sería todo un éxito, senón que devemos de esixir outra política, outras medidas, outro camiño, outro modelo económico e social.


Desde xa, as análise e valoracións van a estar en todos os medios, a "Brunete mediática" vai dedicar enormes medios para intentar dilapidar a acumulación de forza obreira que supuxo a Folga Xeral, vai ser difícil contrarrestar tanta manipulación, mais a mobilización sindical, tomar as rúas e os centros de traballo, son a única garantía de que calquer diálogo teña resultados positivos para a Clase Obreira.


A crónica

Achegamos un documento sonoro feito polas compañeiras e compañeiros de Rádio Filispim, de máis de dúas horas de duración que cubreu moitas das incidencias e sucesos da xornada de Folga Xeral, realizado pola mañá de hoxe 29S, con diferentes entrevista e informacións. Programa que foi emitido en directo e que se podía sintonizar no 93.9 da FM.


Programa Especial - Folga Xeral 29 Setembro


Descargar o audio

As imaxens

  1. Enlace coa Galería de diapositivos da xornada de Folga Xeral, confecionada con fotos da CIG-Saúde de Ferrol.

  2. Enlace coa Galería de diapositivos da xornada de Folga Xeral, enviada por Fuco Buxan A.C.
__________________

Achegamos os enlaces coas webs das diferentes centrais sindicais, para quen quiser poda acceder ás valoracións que fan estas do resultado do proceso e da xornada.

Centrais Sindicais

Confederacións Sindicais Internacionais
_________________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon