[O "LNG Lagos", no porto bretón de Brest, o 16 de Maio de 1999]
Un buque gaseiro de máis de 34 anos de antigüedade -23 deles inactivo, ten prevista a súa entrada na Ría de Ferrol, para este Venres 21 de Xaneiro de 2011. O "LNG Lagos", construído en 1976, un enorme metaneiro de máis de 274 metros de eslora e 42 de manga, que pode cargar até 122.000 m³ de gas natural licuado, vai enfilar a súa proa para entrar pola bocana da Ría e cruzar o angosto, estreito, de pouco calado e de fondo rochoso canle de máis de 4.000 metros, até chegar ao pantalán de descarga do peirao de punta Promontorio, onde Reganosa coa cumplicidade de políticos sen escrúpulos construiu unha planta de gas que nos ameaza todo-los día, aumentando exponencialmente esta ameaza sempre que entra na Ría un buque destas características cargado para a perigosa e ilegal planta regasificadora de Mugardos. De entrar este buque, faría o segundo do ano 2011 e o número 82 desde que o fixera o "Galicia Spirit" en Maio de 2007.
Ante o anuncio de entrada do "LNG Lagos" na Ría, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol convoca unha nova acción de protesta e denuncia, cunha CONCENTRACIÓN SONORA, o mesmo día 21, ás 7 da Tarde na Praza Amada García, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia.
- POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA !!
- CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA !!
- PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
Información baseada na enviada polo:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
20 de janeiro de 2011 16:00
_______________________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon