sábado, xaneiro 22, 2011

Onte, 21 de Xaneiro de 2011, entraba na Ría de Ferrol o "LNG Lagos" e o Comité Cidadán realizaba unha nova acción de protesta - Galería Fotográfica

Tags


Onte, 21 de Xaneiro de 2011, entraba na Ría de Ferrol o "LNG Lagos" que fai o 82 buque gaseiro, cargado con ducias de miles de toneladas de GNL-LNG, para a ilegal e perigosa Reganosa. O Comité Cidadán de Emerxencia realizou a súa necesaria acción de protesta, acción que sempre fai cada vez que un buque cargado con gas natural licuado entra na nosa Ría, aumentando o perigo que por si mesma xa representa a Planta de Gas que Reganosa instalou no mesmo corazón da nosa Ría. Un importante número de persoas secundou a chamada do Comité para participar na concentración sonora.

Galería Fotográfica de Suso Paz

Enlace relacionado:

Ártabra 21: O LNG Lagos ten prevista a súa entrada na Ría de Ferrol, este Venres, 21 de Xaneiro, con miles de toneladas de GNL-LNG, para Reganosa - O Comité Cidadán convoca unha nova acción de protesta e denuncia
_________________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon