mércores, xaneiro 05, 2011

"Tarefas para 2011", por Juan Torres López

O compañeiro Juan Torrres envia-nos propostas de Tarefas para 2011 que con agrado publicamos a continuación.

Tarefa para 2011

Para empezar o ano, aquí deixo un vídeo de Arcadi Oliveres [doutor en Ciencias Económicas e catedrático da Univesitat Autònoma de Barcelona]. Mentres non nos dediquemos todos a difundir estes discursos e a explicar en todas as esquinas o que ocorre no mundo, no mundo seguirá ocorrendo o que ocorre. Así que temos tarefa para este ano.



Fonte do video: LibreRed

Tarefa para 2011 (2)

Nestas data de primeiros de ano os bancos empezan a aplicar as subidas nas comisións e intereses que cobran aos seus clientes.

Segundo un estudo da Unión de Consumidores de Estremadura en 2009 os bancos cobraron 14.630 millóns de euros só por este concepto. Moitos deles empezaron a cobrar por utilizar os caixeiros e sen informar diso no momento da operación.

O día menos pensado, os bancos que provocaron a crise farán que todos nós, ademais de pagar como até agora as súas perdas, até perdamos os nosos aforros: alguén no seu san xuízo pode pensar que se pode confiar neles para gardar o diñeiro?

Temos, pois, outra tarefa importante para 2011: retirar o diñeiro dos bancos convencionais e empezar a utilizar, quen aínda non o faga, banca ética (Triodos, Fiare, caixas rurais...) ou até crear redes comunitarias de financiamento.

Continuará ...
_______________

[*] Juan Torres López, Granada -1954-, Doutor en CC. Económicas e Empresariais, exerce na Universidade de Sevilla como catedrático de Economía Aplicada do Departamento de Teoría Económica e Economía Política. Escritor, investigador, analista de política económica e activista social. Manten unha páxina web (Ganas de Escribir: www.juantorreslopez.com) e coordena a páxina web dedicada a información económica www.altereconomia.org


_________________

Asociación Fiare Galiza:

http://fiaregz.wordpress.com/

Enlaces doutras entidades financieras éticas:

  • COOP57, Servizos Financeiros Éticos e Solidarios
  • OIKOCREDIT, Cooperativa que oferta bonos-accións para inversións solidarias
  • ENCLAU, Rede para a financiación alternativa
  • Grameen Bank, súa principal actividade son os microcréditos
  • Cooperative Bank (Inglaterra)
___________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon