mércores, xaneiro 05, 2011

LibreRed.net, na rede desde o 2008, un diario dixital con contidos alternativos que dificilmente aparecen nos grandes medios de comunicación

Que é Libre Red?

LibreRed.net, é un diario dixital que nace en 2008 co obxectivo de ofrecer contidos alternativos que dificilmente aparecen nos grandes medios de comunicación que se atopan en mans dunhas poucas corporacións de Norteamérica e Europa, no que se coñece como o "oligopolio mediático".

O Proxecto LibreRed.net ten unha clara liña progresista e internacionalista. Por iso, traballa para establecer vínculos permanentes con outros proxectos similares que xa se atopan funcionando en distintos países do mundo.

Pode-se colaborar coa Equipa de LibreRed.net suxeríndo-lles notícias, redactando contidos, cubrindo actos -anímache e forma parte deste proxecto. O seu correo-e de contacto é:

librered@hotmail.com

LibreRed.net é un diario dixital  baixo unha licenza Creative Commons, onde se permite a reprodución de todos os seus contidos citando a fonte orixinal.




Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon