sábado, febreiro 05, 2011

Lembrando a Carmelo Teixeiro no Terceiro Aniversario do seu pasamento - Vídeos - Fotos

Este Sábado 5 de Febreiro de 2011, tivo lugar na ribeira de Caranza, unha emotiva homenaxe a Carmelo Teixeiro Menéndez, no mesmo parque que leva o seu nome. Tres carballos e unha pequena placa chantada no chan lembran a figura e obra de Carmelo, un home bon e loitador. Toda unha vida na procura do ben común, da xustiza, na loita por un mundo mellor. Carmelo Teixeiro dedicou, a última década da súa vida, grandes esforzos contra a aldraxe, a corrupción e o perigo que representa a planta de gas de Reganosa, colocada no corazón da nosa Ría, por irresponsábeis, cobizosos e corruptos. Carmelo Teixeiro é un dos principais impulsores do movimento social que se constituíu ao redor da loita contra a ilegal e perigosa planta regasificadora de Mugardos.

Un sinxelo e emotivo acto, tivo lugar esta mañá en Caranza, palabras de agradecemento, flores, música, lembranzas e poesía, ... Grazas Carmelo, ... ten por seguro que o verás cos nosos ollos.















Fonte da Galería Fotográfica: Suso Pazos - Susete'70


Para apoiar e colaborar co Comité Cidadán
:


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org

Enlace relacionado:

Ártabra 21: Hoxe Sábado 5 de Febreiro, ás 12 do mediodía, Acto de Lembranza a Carmelo Teixeiro no terceiro aniversario do seu pasamento, no parque público da ribeira de Caranza que leva o seu nome
_________________

3 comentarios

Seguramente no BNG, sobre todo nas Pontes, Mugardos e San Sadurniño, se lembran máis de Roberto Tojeiro que de Carmelo

Seguro que o comentario anterior sobraba. Unha cousa é a crítica política e outra moi diferente é o cainismo político, moi utilizado por algúns dos ex ...

O que sobra é o teu comentario que sí que é cainita


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon