domingo, febreiro 06, 2011

Un novo buque gaseiro, o "Madrid Spirit", cargado con miles de toneladas de GNL/LNG anuncia a súa entrada na Ría de Ferrol, para este Luns 7 de Febreiro - O Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha acción de protesta e denuncia

Tags



O LNG "Madrid Spirit", buque gaseiro de grande porte, cargado con miles de toneladas de GNL/LNG para a ilegal e perigosa Reganosa, ten anunciado a súa entrada na Ría de Ferrol, para este Luns 7 de Febreiro de 2011. Esta entrada dun buque cargado con gas natural licuado para Reganosa, supon xa a 83, desde que o fixera o LNG "Galicia Spirit" en Maio de 2007.

[Para entrar na Galería de Diapositivos, clicar acima da imaxe]

Diante do aumento da ameaza contra a seguridade e a vida, que supón a entrada do buque gaseiro, xunto á propia instalación da Planta de Gas en Mugardos, o Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha acción de protesta e denuncia, consitente nunha Concentración Sonora, o mesmo Luns, ás 7 da Tarde, na Praza Amada García, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia

Características do buque gaseiro:
Nome: Madrid Spirit – Bandeira: España – Ano Construcción: 2004 – Eslora: 284,4 m – Manga: 42.5 m – Calado: 12.20 m – Puntal: 25.04 m – Capacidade.- 138.000 m³

  • POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA !!
  • CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA !!
  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!
Para apoiar e colaborar co Comité Cidadán:

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org



Enviado por:
Ferrol CAPE
-ferrol.cape@gmail.com-
6 de fevereiro de 2011 21:41
www.f-cape.org
Colectivo Universitario Opositor a Planta de Gas da Ría de Ferrol - Ferrol-CAP
__________________

1 comentarios so far

La planta, la capitanía y los prácticos prevarican y se pasan las reglas por.... ya que sacan el barco antes de la hora de la marea alta para evitar que se haga de noche y por tanto no pueda salir hasta mañana miercoles y tener por tanto unos gastos por la demora de 18 horas.


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon