luns, maio 02, 2011

Vento Lois - Ateneo Ferrolán 12 de Maio, co motivo da Nosas letras


Ante a convocatoria aberta da seita loisista, co apoio da Asociación de Escritores en Lingua Galega, o Pen Clube de Galicia e a Asociación Galega de Editores, chama a organizar un novo vendaval, que percorra todo o mundo, o día 12 de Maio ás 8 da tarde.

O ATENEO FERROLÁN chama a participación dos colectivos, asociacións e persoas individuais que queiran colaborar desta homenaxe pública que faremos a LOIS PEREIRO: Lectura Manifesto, Mural con artistas locais, música, teatro, danza, lectura poética, .... Dende o Ateneo Ferrolán tentamos involucrar a zona de Ferrol desta homenaxe pública a LOIS PEREIRO.

Como remataba Lois a súa Modesta proposición:
quen teña tempo, enerxía, e desexe facer algo, que vaia propoñendo algo... (por exemplo)”.

Confirma o teu interese en participar con nós:
secretaria@ateneoferrolan.org ou no telefono 981.357.970

A Xunta Directiva do Ateneo Ferrolán

Un lugar de encontro para a cultura
Ateneo Ferrolán, fundado en 1879
http://www.ateneoferrolan.org
http://www.ateneo-ferrolan.blogspot.com/
e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.: +34 981 357 970 | Fax: 981 354 098 | Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204, 1º. CP.15402 | FERROL (A Coruña)

Enviado:
Ateneo Ferrolán
2 de Maio de 2011 17:40
Ateneo Ferrolán
_______________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon