xoves, maio 05, 2011

O LNG "Finima" ten prevista a súa entrada na Ría este Venres 6 de Maio - O Comité Cidadán convoca unha nova concentración sonora, mais desta vez na Praza de Amboaxe de Ferrol

Tags


CONCENTRACIÓN EN FERROL,
NA PRAZA DE AMBOAXE,
ÁS 8 DA TARDE, DO VENRES 6 DE MAIO

E unha vez máis un buque gaseiro ten prevista a súa entrada na Ría de Ferrol, cargado con miles de toneladas de LNG/GNL para a ilegal e perigosa Reganosa.

O LNG "Finima" que é o nome do buque agardado, de entrar, faría o 90 gaseiro para a planta regasificadora de Mugardos, desde que o fixera, en Maio de 2007, o "Galicia Spirit" ...

A entrada na Ría deste buque gaseiro, fai saltar a alarma social do despropósito gasista que é Reganosa, instalada no corazón da nosa Ría, a poucos metros dos núcleos de poboación, poñendo en perigo ás miles de persoas que moramos na súa contorna.

O Comité Cidadán de Emerxencia, como ven sendo habitual, convoca unha nova acción de denuncia e protesta, mais desta volta a Concentración terá lugar en Ferrol, na Praza de Amboaxe, seguindo cunha nova forma de acción, rotando as mobilizacións por diferentes lugares e barrios, dun xeito itinerante, co obxectivo de chegar coa protesta a un número maior de persoas. Ademais de difundir entre a poboación, en sintese, 10 razóns para preguntar-se ... Por que Reganosa ten que saír da nosa Ría e das nosas Vidas ?.


Características do buque:

O LNG "Finima", leva bandeira convencional das Bermudas, foi construído en 1983, hai 28 anos; ten unha eslora de 286.90 m e unha manga de 41.8 m; o seu calado son 11.2 m e a súa capacidade de 133.000 m³.
  • POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA !!
  • CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA !!
  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!
Para apoiar e colaborar co Comité Cidadán:

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org




Información baseada na enviada por:

Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
5 de maio de 2011 12:42
___________

APOIO ECONÓMICO

O Comité Cidadán de Emerxencia, necesita apoio económico, para que poida desenvolver a súa actividade

CONTA DO COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA

Para axudas económicas pode-se ingresar na conta corrente aberta no Banco Santander ao nome de:
Luz Marina Torrente e outros

Para ingresar desde unha oficina bancaria desde dentro do Estado:
00493315772894017995

Para ingresar desde unha oficina bancaria desde fóra do Estado:
ES 71 00493315772894017995

Blog solidario coa veciñanza de Meá
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org


______________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon