mércores, outubro 19, 2011

A Dirección da CRTVG, a compañia da radio e televisión pública galega, exerce represalias despois da Folga do pasado 10 de Outubro - Os vídeos de traballadorxs indignad@s e comprometid@s que non puideron soportar desde a prepotencia do PP e da Dirección da Coompañía


A Folga na CRTVG foi convocada o pasado 10 de Outubro "en defensa duns medios de comunicación galegos e públicos"

As represalias por parte da Dirección da Empresa

Ana Pérez e Alfonso Hermida ían presentar o especial informativo da TVG correspondente á noite eleitoral do 20-N. A súa participación na folga -chegaron a apresentar un telexornal informal ao ar libre na Praza do Toural- provocou que a cúpula directiva da TVG, como represalia, tomase a determinación de os afastar da noite eleitoral, unha decisión absolutamente impropia e indigna dun medio de comunicación público e democrático [Fonte: http://chuza.gl/chios/raxozorza en Cuza! ].

INFORMATIVOS REIVINDICATIVOS DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES DA CRTVG DURANTE A XORNADA DE FOLGA EN CONTRA DA REFORMA DE LEI DOS MEDIOS PÚBLICOS GALEGOS.

XORNADA DE FOLGA NA CRTVG 1




XORNADA DE FOLGA NA CRTVG 2



Fonte: Canle do crtvgcomite


Alfonso Hermida no Twitter:

twitter.com/#!/alfhermida/status/123842868946280448

"Se xa estaba orgulloso de dar a cara pola CRTVG e polos compañeiros, hoxe aínda o estou máis. Volveríao facer. Sigo á vosa disposición".


Denuncia do BNG

Esixen a Feijóo garantías democráticas de acceso polos ciudadanos a información pública e piden responsabildades políticas polo acoso a xornalistas na CRTVG

O BNG exixirá tamén explicacións no Parlamento Galego ao conselleiro da Presidencia ante esta agresión á dignidade de dous xornalistas que se limitaron a exercer os seus dereitos constitucionais.

Aquí non só se están a recortar os dereitos sociais, tamén se comezan a recortar as liberdades públicas propias dunha democracia, denuncia o BNG.

O Bloque Nacionalista Galego demanda ao director xeral da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo, que depure as responsabilidades ás que houber lugar polas represalias adoptadas desde a área de informativos da TVG contra dous xornalistas da televisión pública galega -Ana Pérez e Alfonso Hermida- que secundaron a folga convocada o pasado 10 de Outubro en defensa duns medios de comunicación galegos e públicos.

Ana Pérez e Alfonso Hermida ían presentar o especial informativo da TVG correspondente á noite eleitoral do 20-N. A súa participación na folga -chegaron a apresentar un telexornal informal ao ar libre na Praza do Toural- provocou que a cúpula directiva da TVG, como represalia, tomase a determinación de os afastar da noite eleitoral, unha decisión absolutamente impropia e indigna dun medio de comunicación público e democrático.

É preciso que se depuren as responsabilidades derivadas destas represalias, que constitúen un atentado antidemocrático contra os dereitos constitucionais de dous xornalistas.

A xuízo do BNG, o director xeral da CRTVG só ten dúas opcións: ou depura responsabilidades no seo do departamento de Informativos da TVG ou presenta el mesmo a demisión.

Cumpre salientar que Ana Pérez e Alfonso Hermida, conxuntamente coa grande maioría das traballadoras e dos traballadores da CRTVG, se limitaron a exercer o seu dereito constitucional á folga. Fixérono ademais para reivindicaren que a CRTVG se manteña como unha compañía galega de titularidade pública e que, portanto, se feche a porta a calquer perspectiva privatizadora.

No noso País xa non só se recortan dereitos sociais, senón que tamén se comezan a recortar as liberdades públicas e iso ten un só responsábel: o Goberno do PP que preside Feijóo, que foi quen nomeou o actual director xeral da CRTVG, denuncia o BNG.

O grupo parlamentar do BNG rexistará iniciativas para que o Goberno galego -en concreto, o conselleiro da Presidencia- dea explicacións na Cámara a respecto deste intolerábel atropelo contra os dereitos laborais e constitucionais dos dous xornalistas da Televisión de Galiza.

A folga convocada polas traballadoras e os traballadores da CRTVG, tiña como obxectivo denunciar que a reforma da lei da CRTVG pactada por PP e PSOE.


Denuncia do Comité de Interempresas

O comité denuncia que dous traballadores da TVG foron apartados dun especial do 20N

O comité Interempresas da TVG denunciou hoxe que dous traballadores de informativos que participaron activamente na xornada de folga foron apartados do programa especial da noite electoral do 20N próximo.

Os traballadores "represaliados" dos que prescindiu a dirección xeral da CRTVG participaron no "informativo reivindicativo" que se presentou na Praza do Toural, de Santiago, durante a xornada de folga que viviron os traballadores da Compañía o pasado luns, 10 de outubro. Estes tiveron coñecemento a través de directivos e persoal con responsabilidades da súa participación nese programa de que estaba previsto que formasen parte do espazo.

"Convén sinalar que Alfonso Hermida e Ana Pérez, os presentadores represaliados, levan anos formando parte dos sucesivos equipos que informan á audiencia da TVG dos resultados das urnas durante a noite electoral", afirma o Comite nun comunicado no que anuncia que vai pedir explicacións sobre esa decisión.

O órgano de representación dos traballadores recorda que no Informativo reivindicativo "intentouse exporlle á sociedade galega e á clase política a importancia que ten a CRTVG coma un servizo público esencial" e as ameazas que, en opinión deste Comité, representa para a continuidade do ente nos termos actuais pola nova Lei dos Medios de Comunicación Públicos de Galicia que está a piques de ser aprobada no Parlamento, negociados polos grupos PPdeG e PSdeG.

Fontes: propia, Comité de Empresa da CRTVG e Galiciae Xornal de Galicia
Miércores, 12 Octubro, 2011


http://www.xornalgalicia.com/index.php?name=News&file=article&sid=79659

http://www.galiciae.com/nova/121224.html?lang=gl
______________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon