domingo, novembro 20, 2011

Unha lección para Reganosa: Explosión dun gasoduto no 9500 Taylor Rd, no condado de Athens, no límite co de Morgan, Estado de Ohio, na Usamérica, o mércores, 16 de Novembro, de 2011 - Vídeos - Fotos - O documentario "Un gasoducto no meu xardín - O caso Reganosa "

Tags

Clicar acima da imaxe para entrar na Galería Fotográfica

Bombeiros de 14 departamentos de tres condados, combateron o lume resultante da explosión que ocorreu no condado de  Athens, perto da liña do condado de Morgan. O incendio propagouse polo bosque, chegando a destruír varias casa e outros edificios das explotacións agrarias da zona. A explosión de gas, "Deitoume unha parede e borrou todas as fiestras da casa", ... "as árbores estaban bailando e non había vento", dixo un veciño do lugar. "Encheuse todo de fume", ... "o ceo estaba amarelo brillante causado polas lapas altas", ... "Subín ao cume dun outeiro, e vin as chamas que se estendían cara ao ceo, temín o peor". Outra veciña dicía: "... vin un flash de luz branca e o teito estalaba, os animais espallados, ... pensei que estaba todo acabado, a fin do mundo chegara". Veciñas e veciños afectados foron tratados no Hospital Memorial O'Bleness por inhalación de fume e tamén complicacións de ataque de bronquite. A estrada estatal 329 foi cortada.

O Xefe de Bombeiros de Ohio State e as oficinas da Tennessee Gas Co, estiveron in situ na noite e madrugada do mércores para xoves intentando atopar a causa da explosión.

Shane Cartmill, portavoz da Oficina do Xefe de Bombeiros do Estado de Ohio, informou o xoves que os investigadores non atoparon ningunha evidencia de intención criminal.

"Con base na evidencia e extensas entrevistas, parece que a explosión foi o resultado da ignición de gas natural tras un fallo físico no gasoduto. Investigadores non pode determinar a fonte exacta de ignición, pero pénsase que foi unha faísca de detritos, electricidade estática, ou alimentación, por estar perto duns transformadores. Isto foi o que probablemente iniciou a explosión do gas natural", dixo Cartmill.

Información baseada na elaborada por Joe Higgins do Messenger Staff Journalist
Thursday, November 17, 2011 3:57 pm | Updated: 7:35 am, Fri Nov 18, 2011.
jhiggins@athensmessenger.com

Fonte: http://www.athensmessenger.com/
Fotos de Messenger photo de John Halley, composición de Lupe Ces.
Fonte dos Vídeos: http://www.zanesvilletimesrecorder.com/


Vídeos do accidente en Athens-Ohio


http://bcove.me/7nb81i7e


http://bcove.me/hu0bxgbe


http://bcove.me/zh0fmt7p


E outro vídeo:


http://youtu.be/6PaN0fJiUW4



Que fai unha Planta de Gas no corazón da nosa Ría?

Un accidente pode ter lugar en calquera momento... Entón que fai unha Planta de Gas no corazón da nosa Ría ? -no peirao de Punta Promontorio, que fai Reganosa no Concello de Mugardos?, tan próxima aos núcleos de poboación ao lado doutra planta petroquímica -Forestal del Atlántico- que almacena varios centos de miles de metros cúbicos de produtos tóxicos e inflamábeis.

A explosión rexistrada o pasado 17 de Novembro en Ohio, nun gasoduto perto dunhas granxas e unha estrada estatal, no Condado de Athens, debe servir de lección ás autoridades locais, autonómicas e estatais, en canto á vulnerabilidade á que se nos expón coa permanencia da Planta de Gas na Ría de Ferrol.

Non só hai que ter en conta a propia presencia da Planta Regasificadora de Mugardos, senón a cantidade de buques entrando cargados con miles de toneladas de gas natural licuado -LNG/GNL, pola longa, estreita, angosta e de pouco calado, canle da Ría. A isto hai que engadirlle agora, o novo negocio especulativo de Reganosa. Consiste na utilización de Reganosa como un simple depósito de carga e descarga. Ao pouco de entrar un buque cargado, entra -ao día seguinte- outro para cargar. Este foi o caso do último LNG TANKER "British Merchant", que logo de entrar a descargar "LNG Enugu" o pasado Xoves 10 de Novembro, aos dous días, o Sábado 12 de Novembro, entrou para cargar no peirao de punta Promontorio. Cumpre sinalar que este buque estivo catro días atrapado polo temporal, do 12 ao 15 de Novembro, aumentando o potencial perigo do conxunto: buques cargados, mega tanques, planta regasificadora, gasodutos, complexo petroquímico, planta de xeración eléctrica, buques de guerra e base naval a pouco máis dun quilometro, camións cisterna que cargan no complexo, ... que máis queremos!

O accidente de Athens-Ohio produciuse a pesar de que a compañía operadora dixo que "utilizaban as mellores tecnoloxías excedendo os estándares de seguridade requiridos" -a que vos sona esta frase?. Todas as administracións, polític@s de quenda, lobys ponteses e mugardeses, repiten o mesmo retrouso unha e outra vez, até que pareza verdade. Mais os accidentes teñen lugar cando menos os esperamos. O accidente de Athens-Ohio, produciu-se nunha zona apenas poboada por unhas casas rurais e era un gasoduto. Que pode pasar cun accidente en Reganosa?

Que polític@ nas diferentes institucións vai ser capaz de formular preguntas e esixir solucións a esta ameaza real á nosa seguridade e á nosa vida? Quen vai por fin a esta ameaza que temos na nosa Comarca, dentro dunha ría densamente poboada ?


"Un gasoducto no meu xardín - O caso Reganosa"

Para lembrar-nos, e lembrar que significa a instalación de Reganosa en Mugardos, aquí postamos unha vez máis o documentario realizado polo desaparecido programa "Linea 900", emitido na 2TV:  "Un gasoducto no meu xardín".



http://blip.tv/httpmedioambienteblogblogspotcom/linea-900-un-gasoducto-en-mi-jardin-4654419

Fonte: http://medioambienteblog.blogspot.com/
____


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon