AGAMME no programa da TVG "Falámolo"
A Asociación Galega contra o Maltrato a Menores (AGAMME), por medio da súa coordinadora, Estrela Gómez, estivo presente no programa da Televisión de Galicia “Falámolo”, nunha sesión dedicada ao abuso sexual, no que tamén participaron Nuria Pereira Martínez, directora do Instituto Europeo Campus Stellae e Carmen Clavería, psicóloga clínica.
"Un tema sensible que causa cada vez un maior estupor e alarma na sociedade, como son os menores acosados e os abusos sexuais, centrará o novo debate social no estudio de “Falámolo”, habida conta dos datos arrepiantes recollidos pola Asociación para a Sanación e Prevención dos Abusos Sexuais na Infancia de que “en España, unha de cada catro nenas e un de cada sete nenos son vítimas de abusos sexuais antes de ter cumpridos os 17 anos” e que a maior parte destes se producen no seo da familia ou en círculos moi próximos á contorna familiar.
Fonte: http://agamme.org/
Enviado por:
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon