sábado, febreiro 25, 2012

CIG informa do calendario comarcal de mobilizacións contra a reforma laboral, tanto en solitario como en compañía doutros sindicatos, até concluir na Folga Xeral do 29 de Marzo



CIG INFORMA
Calendario mobilizacións contra a reforma laboral

Como ben sabedes, todas as últimas medidas que están adoptando os distintos gobernos, tanto central (ante co PSOE e agora co do PP), como autonómico, están a supor un ataque frontal contra a clase traballadora e os sectores máis débiles da sociedade. As consecuencias inmediatas xa están facendo notar: maior empobrecemento e niveis de exclusión social aumento do desemprego, precariedade laboral, perda de dereitos que levou anos conquerir, etc.. estas consecuencias vense ademais incrementadas de xeito moi especial no noso país e na nosa comarca.

A última agresión é a Reforma Laboral que recentemente ven de aprobar o goberno central. E non vai ser a última.

Diante de todas estas agresións contra a clase traballadora, a CIG non dubidou en darlle unha resposta inmediata coa convocatoria de Folga Xeral para o vindeiro día 29 de marzo, deixando aberta a data á posibilidade de que se sumen outras organizacións sindicais.

Pero a Folga Xeral é un instrumento máis, non un obxectivo en si mesma. Por iso, nin rematará a loita con esa xornada, nin será a única acción que desde a CIG levaremos a cabo.

É por iso que che facilitamos un calendario de actos e mobilizacións que desenvolveremos nas vindeiras datas, uns de carácter confederal, outras sectoriais, para que as coñezas, lle deas a máxima difusión, e participes activamente en todas as que che sexa posible.

Un saúdo nacionalista e de clase.

CALENDARIO DE ACTOS E MOBILIZACIÓNS ATÉ A FOLGA XERAL DO 29 DE MARZO DE 2012
____________

DATA
HORA
LUGAR
CONVOCATORIA/MOTIVO
25 febreiro
11:00
Praza Toural Santiago de Compostela.
Manifestación polo Consorcio
27 febreiro
12:00 h
Praza Amada Garcia - Edif. Da Xunta en Ferrol
Mobilización da Xente do Mar en defensa da Ría e os postos de Traballo.
27 febreiro
14:15 h
12 e17 h
Edificio Xunta e A.Marcide  en Ferrol
Asembleas de Traballador@s. Medidas da Xunta contra empregad@s públic@s
27 febreiro
19:30 h
Fene. Salón de Plenos
Proxección, charla, debate e concentrac. sobre alternativas á crise. Confederación na Comarca.
28 febreiro
10:00 h
Parlamento Galego. Stgo.
Concentración Área Pública. Medidas da Xunta contra @s empregad@s públic@s.
28 febreiro
11 e12 h
A.Marcide e Edif.Xunta
Concentracións.
28 febreiro
19:45 h
Casa Dopeso. As Pontes
Proxección, charla, debate e concentrac. sobre alternativas á crise. Confederación na Comarca
1 de marzo
10:30 h
Locais da CIG de Ferrol
Asemblea e manifestación de delegad@s.Contra a Reforma Lab. Convocada pola Confederación.
1 de marzo
19:30 h
Asociación de Veciños Alto Castiñeiro. Narón
Proxección, charla, debate e concentrac. sobre alternativas á crise. Confederación na Comarca
5 de marzo
19:30 h
Torrente Ballester-Ferrol
Proxección, charla, debate e concentrac. sobre alternativas á crise. Confederación na Comarca.
6 de marzo
10:00 h
14:15 h
Pazo de Congresos.Santiago
Consello Confederal e entrega dos premios 8 e 10 de marzo.
7 de marzo
17:00 h
Locais da CIG Ferrol
Asemblea de Parad@s. Información, Análise da Reforma Laboral e consecuencias
8 de marzo
12:30 h
Praza Amada Garcia - Edif. Da Xunta en Ferrol
Conmemoración do “Día Internacional da Muller Traballadora”. Convoca a Confederación
8 de marzo
19:30 h
Centro Cívico de Mugardos
Proxección, charla, debate e concentracións sobre alternativas á crise. Confederación na Comarca
10 de Marzo
11:00 a 12:00 horas Monumento 10 de Marzo Manifestación desde Esteiro
Ofrenda e Manifestación no "Día da Clase Obreira Galega"
11 de marzo
12:00 h
Estación do tren de Santiago.
Manifestación. Mulleres galegas en loita polos nosos dereitos!. Convoca a CIG e outros colectivos.
15 de marzo
Xornada de loita con peches en centros da administración pública, ensino e saúde, así como en empresas varias, especialmente en aquelas que estean con tramitacións de EREs ou con conflitos de outro tipo.
20 de marzo
Ferrol
Peches nas oficinas das principais entidades bancarias
22 de marzo
19:30
Concello Ferrol
Concentración. Contra a Reforma Laboral
29 de Marzo


Xornada de Folga Xeral

________________
Enviado por:
Confederación Intersindical Galega
-cig-informa@galizacig.com-
24 de fevereiro de 2012 18:36
__________________________

2 comentarios

Hai mobilizacións da Área Pública que están convocadas polo conxunto dos sindicatos e que non teñen nada que ver coa convocatoria de folga xeral da CIG para o 29 de Marzo.
Non se gaña nada manipulando a información e as mobilizacións e mesmo pode ser que teñan un resultado contrario.

Obrigad@s pola observación. Mais non creemos que se trate dunha manipulación. esta é unha información que ten a súa orixe na propia CIG -cig-informa@galizacig.com. Podemos matizar algunhas cousa que consideramos erradas. Por exemplo na información orixinal non se falaba da Praza Amada Garcia, ou cando se falaba de que se convocara a Folga na información que se nos envía di "29 de febreiro" e cousas así. Cada quen pode facer a lectura que queira, mais as mobilizacións son con un obxectivo común denunciar e combater as políticas de recortes e contrarreformas dos Gobernos de Madrid e Compostela, os dous do dereitista PP. A mesma CIG xa se encarga de dicir que a Folga Xeral do 29M, non é un fin en si mesma senón unha ferramenta máis. E ten por seguro que as mobilizacións que se convocan polo conxunto das centrais sindicais de xeito unitario si que teñen que ver coa convocatoria do 29M. Só fai falta reflexionar un pouco para dar-se conta de que isto é así. Desde Ártabra 21 lamentamos que non haxa unidade sindical e de clase para combater ao Capital e ás políticas neoliberais dos gobernos dereitistas do PP. Seguiremos pulando para que haxa unidade sindical, hoxe máis necesaria que nunca, aínda que logo as cúpulas das centrais sindicais CCOO e UGT volvan dar as costas aos intereses da Clase Traballadora e asinen calquera pacto coa coartada que sexa.


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon