Non o peche do Consultorio da Graña
Nota de prensa enviada aos medios:A Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol quere manifestar a súa total oposición ó peche do Consultorio da Graña que se vai producir, segundo recollen os medios, o vindeiro día 1 de Marzo.
Este peche, pese a que se di o contrario, é un recorte máis nos servizos sanitarios da Área Sanitaria de Ferrol, que é a peor tratada de tódalas Áreas Sanitarias desde que o Sr. Núñez Feijoo preside a Xunta de Galicia.
Esiximos do novo Xerente da Área Sanitaria, Sr. Facio Villanueva, que manteña o Consultorio da Graña aberto, contratando ó persoal necesario para que así sexa. Non pode utilizar o cumprimento dunha sentencia xudicial para pecha unha instalación. Pensa o Sr. Facio Villanueva, seguir o camiño marcado polo anterior Xerente, Verde Remeseiro, de obediencia cega a canto mande a Consellería, aínda que eso supoña unha diminución de servizos e prestacións, e recortes de persoal na Sanidade Pública?.
O Sr. Facio Villanueva nin sequera comunicou á Comisión de Participación Cidadá da Área Sanitaria de Ferrol a decisión de pechar esa instalación que da servizo a centos de veciños e veciñas da A Cabana, A Graña, Brión e San Felipe.
Demandamos o comezo das obras de ampliación do Centro de Saúde de Serantes que teñen orzamento consignado, proxecto constructivo, e empresa adxudicataria para a realización das mesmas e que levan, pendentes desde o mes de setembro.
Esta Plataforma pola Defensa da Sanidade Publica nos poñemos a disposición das entidades veciñais de A Cabana, Brión, A Graña e San Felipe para programar as accións que se consideren oportunas para defender a continuidade do Consultorio da Graña.
DEMANDAMOS do Alcalde de Ferrol e de tódolos grupos municipais a defensa da continuidade do funcionamento do Consultorio da Graña e que non permitan que se executen, sen motivo nin razón, novos recortes sanitarios na Área Sanitaria de Ferrol.
Ferrol, a 25 de febreiro de 2012.
Asdo./ Xosé Miguel López e Lois Méndez, portavoces da Pdspf
Para contactar coa Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Área Sanitaria de Ferrol:
plataformadspferrol@gmail.com
http://plataformadspferrol.blogspot.com/
No local social da Asociación Veciñal de Esteiro
Rúa Fernando VI, Bloque I baixo.
Ferrol 15403 - Telef. 981933223.
PARÉMOSLLES OS PES XA, AGORA !!
NON ESPEREMOS A QUE DESMONTEN A SANIDADE PÚBLICA !!
NON Á PRIVATIZACIÓN !!
Asinado:
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública Ferrol
-plataformadspferrol@gmail.com-
25 de fevereiro de 2012 12:22
_____________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon