Onte, 29 de Febreiro, tivo lugar unha xuntanza no local da Asociación Veciñal de Esteiro. Trataba-se da segunda xuntanza da Comisión de Control Provisional de seguimento e desenvolvemento do Regulamento de Participación Cidadá de Ferrol coas entidades veciñais e sociais da cidade. Foron moitas as entidades presentes, mais tamén houbo non asistencias significativas.
A xuntanza tiña o obxectivo de analizar o proceso de participación cidadá, coa constitución das asembleas de barrio como fondo, que se está desenvolvendo na cidade por iniciativa do goberno municipal (PP), desprezando, este, á Comisión de Control Provisional e sen unha normativa especifica acordada no seo de dita Comisión, transgredindo unha vez máis as Disposicións Transitorias Primeira e Segunda do citado Regulamento. Que di:
"Disposición Transitoria Primeira
Isto no que respecta á formulación e desenvolvemento da participación cidadá, encanto os aspectos legais acordados por unanimidade no Pleno do Concello na sesión ordinaria do 9 de Xullo de 2009, tras un proceso participativo da cidadanía e sen que se recibiran achegas e suxestións ao mesmo durante o período de exposición pública dende o 26 de Agosto até o 9 de Setembro de 2009.
E por outra banda está o que respecta ao asunto dos incumprimentos dos acordos tomados pola veciñanza e ratificados no seu momento polo propio Concello nos seus respectivos órnanos de decisión, en referencia aos orzamentos participativos (OOPP).
A Comisión de Control realizou ao Alcalde, formalmente e por rexistro municipal unha pregunta polo grao de cumprimento dos orzamentos participativos, con data de 28 de Febreiro de 2012:
A Comisión de Control Provisional do RPC, preguntou ao goberno municipal cal era o grao de execución das propostas aprobadas pola cidadanía na última asemblea de Cidade, mediante a presentación a esta Comisión dun Informe técnico.
Lembramos que un total de 1.258 persoas foron chamadas a votar na Asemblea de Cidade que se celebrou o sábado, 18 de decembro de 2010 no Salón de Actividades da Feira Internacional de Mostras (FIMO), na Malata, na que os veciños e veciñas de Ferrol puideron elixir aquelas propostas seleccionadas previamente nas asembleas de barrio.
O Goberno comprometeuse entón a destinar 1.650.000 € para estes Orzamentos Participativos nos nove barrios participantes no ano 2010.
A Asemblea de Cidade aprobou 25 das 56 propostas que foron presentadas entre infraestruturas, servizos ou iniciativas culturais.
Lembramos que de máis as menos votadas, as propostas que saíron adiante e que xa que logo acometeranse con cargo aos orzamentos participativos son:
Preguntaron por Rexistro municipal do concello a situación actual destas aprobadas pola Asemblea de Cidadá en decembro do 2010.
Na citada reunión acordou-se a elaboración dun calendario de reunións informativas por barrios.
Por outra banda acordou-se pronunciar-se publicamente contra dun novo proxecto e obra da enésima remodelación da Praza de España.
Web e Contacto coa Comisión de Control Provisional.
http://participacion-ferrol.blogspot.com/
comision.gap@gmail.com
Información baseada na enviada por:
A xuntanza tiña o obxectivo de analizar o proceso de participación cidadá, coa constitución das asembleas de barrio como fondo, que se está desenvolvendo na cidade por iniciativa do goberno municipal (PP), desprezando, este, á Comisión de Control Provisional e sen unha normativa especifica acordada no seo de dita Comisión, transgredindo unha vez máis as Disposicións Transitorias Primeira e Segunda do citado Regulamento. Que di:
"Disposición Transitoria Primeira
As ASEMBLEAS DE BARRIO serán delimitadas e reguladas por unha normativa específica, unha vez consultada á cidadanía mediante enquisas cidadás e contrastada esta información mediante grupos de debate abertos á veciñanza.
Disposición Transitoria Segunda
1. Ate a constitución do CONSELLO DA VECIÑANZA e a posterior elección polo mesmo da COMISIÓN PERMANENTE, existirá unha COMISIÓN DE CONTROL PROVISIONAL que será elixida de entre as persoas participantes no proceso de debate cidadá para a elaboración participada deste Regulamento.
2. A proposta para a constitución da COMISIÓN DE CONTROL PROVISIONAL será formulada nunha sesión de traballo do Grupo de Análise e Proposta, conformado para o proceso participativo de reforma do presente Regulamento.
3. O proceso electoral para elixir a COMISIÓN DE CONTROL PROVISIONAL deberá porse en marcha simultáneamente á difusión do presente Regulamento".Isto no que respecta á formulación e desenvolvemento da participación cidadá, encanto os aspectos legais acordados por unanimidade no Pleno do Concello na sesión ordinaria do 9 de Xullo de 2009, tras un proceso participativo da cidadanía e sen que se recibiran achegas e suxestións ao mesmo durante o período de exposición pública dende o 26 de Agosto até o 9 de Setembro de 2009.
E por outra banda está o que respecta ao asunto dos incumprimentos dos acordos tomados pola veciñanza e ratificados no seu momento polo propio Concello nos seus respectivos órnanos de decisión, en referencia aos orzamentos participativos (OOPP).
A Comisión de Control realizou ao Alcalde, formalmente e por rexistro municipal unha pregunta polo grao de cumprimento dos orzamentos participativos, con data de 28 de Febreiro de 2012:
Pregunta sobre as Propostas aprobadas nos OOPP-2010
A Comisión de Control Provisional do RPC, preguntou ao goberno municipal cal era o grao de execución das propostas aprobadas pola cidadanía na última asemblea de Cidade, mediante a presentación a esta Comisión dun Informe técnico.
Lembramos que un total de 1.258 persoas foron chamadas a votar na Asemblea de Cidade que se celebrou o sábado, 18 de decembro de 2010 no Salón de Actividades da Feira Internacional de Mostras (FIMO), na Malata, na que os veciños e veciñas de Ferrol puideron elixir aquelas propostas seleccionadas previamente nas asembleas de barrio.
O Goberno comprometeuse entón a destinar 1.650.000 € para estes Orzamentos Participativos nos nove barrios participantes no ano 2010.
A Asemblea de Cidade aprobou 25 das 56 propostas que foron presentadas entre infraestruturas, servizos ou iniciativas culturais.
Lembramos que de máis as menos votadas, as propostas que saíron adiante e que xa que logo acometeranse con cargo aos orzamentos participativos son:
- Continuación carril- bici ata o cruce da estrada de Lobadiz, e beirarrúas ata a estrada xeral.-145.000 €.
- Mellora de acceso a internet na zona rural. - 100.000 €.
- Melloras e cambio na pavimentación das pistas do Polideportivo do CEIP de San Xoán de Filgueira. - 65.000 €.
- Arranxar beirarrúas de Vila de Area á Vila da Igrexa e colocación de varandas.- 57.000 €.
- Colocación de puntos de luz desde paseo marítimo á Vila de Area. - 45.000 €.
- Acondicionamento cunetas (zona rural). - 120.000 €.
- Comedor social no barrio de San Pablo. - 49.500 €.
- Recollida e limpeza de fosas sépticas (San Xurxo-Doniños). - 156.000 €.
- Alumeado na estrada principal do paseo marítimo de Doniños. 58.860 €.
- Recollida e limpeza de fosas sépticas (Covas-Esmelle). - 180.880 €.
- Axilización de inventariado para recuperación de fontes, lavadoiros e camiños públicos. 7.800 €.
- Programas de atención ás persoas maiores. - 97.000 €.
- Programa de prevención da delincuencia. - 30.960 €.
- Parque urbano no Campo de Tiro (Catabois). - 294.000 €.
- Formación de monitores de tempo libre. - 5.000 €.
- Aparcadoiros nas Praias de Covas. - 41.020 €.
- Parque biosaudable (San Xoán). - 12.000 €.
- Realización dunha experiencia piloto de animación sociocultural na zona rural dos OP.- 106.000 €.
- Construción dun parque biosaudable e infantil no solar anexo ao Local Social de Covas.- 16.700 €.
- Posta en valor dos montes do concello: recuperación de flora autóctona. - 8.000 €.
- Fomento do transporte en bicicleta (Ferrol Vello-Canido). - 6.000 €.
- Plan de ordenación forestal da zona rural. - 23.000 €.
- Acondicionamento e pasarela peonil na lagoa de Doniños. - 13.000 €.
- Plan de limpeza de solares de Ferrol Vello. - 6.000 €.
- Bandas sonoras na R/Celso Emilio Ferreiro e estrada alta do porto. - 1.350 €
Preguntaron por Rexistro municipal do concello a situación actual destas aprobadas pola Asemblea de Cidadá en decembro do 2010.
Na citada reunión acordou-se a elaboración dun calendario de reunións informativas por barrios.
Por outra banda acordou-se pronunciar-se publicamente contra dun novo proxecto e obra da enésima remodelación da Praza de España.
Web e Contacto coa Comisión de Control Provisional.
http://participacion-ferrol.blogspot.com/
comision.gap@gmail.com
Información baseada na enviada por:
Comision Veciñal
-comision.gap@gmail.com-
1 de março de 2012 00:18
____________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon