xoves, marzo 01, 2012

Confecionando a "Atenea" nº44 baixo a temática "A cultura como alimento contra a crise" - Participa !


O Ateneo Ferrolán, volve a poñer á vosa disposición a Revista "ATENEA" para que enviedes un traballo en idioma galego baixo a temática:

"A cultura como alimento contra a crise"

Proxectos para accións, unha canle de expresión para todas as artes: poesía, narrativa, pintura, fotografía, debuxos, poesía visual, gravados ... e, de quedar seleccionado, publicarémolo na Atenea nº44 de abril-maio-xuño 2012.

De estar interesado/a, ponte en contacto con nós ou envíanos por correo electrónico o teu traballo facendo constar o teu nome, enderezo e contacto antes do 23 de marzo de 2012.

Un lugar de encontro para a cultura
Ateneo Ferrolán, fundado en 1879
http://www.ateneoferrolan.org
http://www.ateneo-ferrolan.blogspot.com/
e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.: +34 981 357 970 | Fax: 981 354 098 | Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204, 1º. CP.15402 | FERROL (A Coruña)

--
Ateneo Ferrolán


Enviado por:
Ateneo Ferrolan
1 de março de 2012 10:10
__________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon