Amosando publicacións coa etiqueta Navanti. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Navanti. Amosar todas as publicacións

martes, xaneiro 29, 2013

O futuro das persoas e o futuro da Comarca en perigo - Madrid e Bruxelas din non ao Dique Flotante


Terceira xuntanza da Comisión de Seguimento para o Dique Flotante. A Administración anuncia que non hai Dique que Europa non o permite, esta é a desculpa, e Madrid non quere. Porque o noso futuro ten que depender de decisión de Madrid e Bruxelas? O Concello de Ferrol e Xunta lavan-se as mans e culpan á Dirección de Navantia e á da SEPI. As traballadoras e traballadores non aceptan un non por resposta. O futuro do Estaleiro e da Comarca están en xogo. Son miles de postos de traballo, tantos como promesas incumpridas. Xa non digamos as mentiras de Alberto Nuñez Feijóo e do dereitista Partido Popular, antes das Eleccións Galegas do 21O. O do "Dique" xa se veu e o de PEMEX está por chegar, polo de pronto xa non é como dicían que era. O peor é que Ferrol e a Comarca non se poden permitir esta falta de carga de traballo e que xoguen coa nosa vida e seguridade.

A noticia nos medios:
Reportaxe no Diario de Ferrol: "Navantia renuncia ao Dique".

Reportaxe en Praza Pública: "Traballadores do naval encerran en Navantia as autoridades tras o veto ao dique flotante"- "O veto ao dique flotante dá un novo golpe ao naval, ao que Feijóo encomenda a México".

Reportaxe en Sermos Galiza: "Nen dique flotante nen blindaxe dos floteis".

Fotos: Ártabra 21.
_____________