martes, maio 30, 2006

Resolucións da Asemblea Constituinte [29.05.2006]

Tags

RESOLUCIÓN DE APOIO Á VEZIÑANZA DE SARTAÑA.

Diante da decisión plenaria do Concello de Ferrol, con os votos de PP e IF, de levar adiante o nefasto proxecto do Centro de Ocio Sartaña, coñecida popularmente pola "palangana",

A Plataforma Ártabra 21

ACORDA

rexeitar tal decisión e

APOIAR e SOLIDARIZAR-SE

con a veziñanza de Sartaña que leva tempo demostrando a súa vontade de luita contra tal imposición.



RESOLUCIÓN CONTRA A PLANTA DE GAS

A Plataforma Ártábra 21,

ACORDA

manifestar o seu rexeitamento á Planta de Gas que REGANOSA está a construir en Ponta Promontorio, no Concello de Mugardos. Por considera-la

unha infraestrutura moi perigosa para a poboación da Ría,

depredadora do meio natural e social onde está emprazada,

em definitiva social e ecoloxicamente insustentábel.

Por outra banda, a Plataforma Ártabra 21,

ACORDA

apoiar e acudir ao acto que a Asemblea e o Comité Cidadá de Emerxencia da Ría de Ferrol, ten convocado para o vindeiro Sábado 3 de Xuño, às 20:30 hrs no Cantón de Ferrol.


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon