A Coordenadora da Plataforma Ártabra 21, terá unha segunda reunión, antes de se celebrar a Asemblea Xeral, esta reunión será o Xoves, 22 de Xuño ás 19:30 hs, no local do Clube de Montaña de Ferrol, que está na Rúa Coruña nº 102 1ºD. Lembrar que por ser unha Coordenadora provisional até a vindeira Assemblea do día 27, esta é aberta a caqueira persoa da Plataforma que queira participar.
Polo de agora a reunión do 22 celebrarase coa seguinte proposta de orden do día:
- Leitura e aprobación da Acta anterior.
- Praza de Sartaña e contactos co Colectivo Veciñal, resultado dos contactos.
- Novos contactos e propostas de incorporación á Plataforma.
- Como levar as contas, resultado das xestións.
- Preparación da Asemblea Xeral do 27 de Xuño.
Nota.-
Se hai algunha proposta ou comentario que facer, enviar un correio-e ao da Plataforma [artabra21@gmail.com] ou mellor utilizar a sección postar um comentario neste ou noutro artigo, utilizando o Blog como un ponto de encontro e comunicación.
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
martes, xuño 06, 2006
22 de Xuño, Xoves, reunión da Coordenadora da Plataforma Ártabra 21
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan martes, xuño 06, 2006
Tags
Artigos relacionados
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
1 comentarios so far
Xunta Coordenadora ártabra21.-
Plataforma Artabra 21 A Plaraforma da Costa Artabra, Ortegal e Eume -artabra21@gmail.com- 20 de Junho de 2006 00:31
Para: Membros Plataforma
Olá ártabros.- Lembrarvos que o vindeiro xoves día 22, ás 19 30 horas, teremos unha xunta coordinadora para tratar os temas da convocatoria e Orde do día para a seguinte Asemblea do día 27 no Torrente Ballester ás 19 30 horas.
- Novas incorporacións de organizacións que queiran participar neste proxecto.
- Propostas de Resolucións a presentar na vindeira Asemblea.
- Recepción de LOGOS admitidos para presentar na Asemblea.
- Proposta de COTAS por organización.
- Proposta do Colectivo de Sartaña.-
- Proposta do Colectivo de Recimil.-
- Proposta de Método de traballo.
- Debateranse ás suxestións que as organizacións propoñan nesta xunta coordinadora...
saúdos
Pola xunta coordinadora
Xosé Mel Sanxoán
--
PLATAFORMA ÁRTABRA 21
A Plataforma da Costa Artabra, súas vilas e comarcas .--
Blog da Plataforma Ártabra 21
http://artabra21.blogspot.com/
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon