sábado, xuño 03, 2006

27 de Xuño Asembleia Xeral da Plataforma

Tags

O próximo 27 de Xuño terá lugar unha Asemblea Xeral Ordinaria da Plataforma Ártabra 21, para tratar os pontos da orde do dia que elaboremos entre todas as organizacións, plataformas, colectivos e persoas a título individual, que conformamos a Plataforma.

A Coordenadora, xa mantivemos unha reunión o pasado xoves 1 de Xuño, para: dar leitura a algúns correios-e que nos enviaran; valorar a Asemblea do 29 de Maio; acordar editar este blog como medio de expresión da plataforma; ... e ordear cal vai ser o camiño até a próxima Asemblea do 27 de Xuño.

Atenderemos a novos colectivos e organizacións que pediron a súa entrada na Plataforma, asunto que, como case todos, teremos que ratificar na vindeira Asemblea; faremos unha proposta de cuota; abriremos unha conta bancaria ou libreta, abriremos a Plataforma á criatividade de quen queira contribuir con unha proposta de logotipo/anagrama da mesma; falaremos con o Colectivo Veciñal de Sartaña, para elaborar unha actividade na que a Plataforma poda colaborar, ... e outros pontos.

Mas o importante é que se vaian facendo propostas, ou ben enviando propostas ao correio-e da Plataforma [artabra21@gmail.com] ou mellor utilizando a sección postar um comentario neste ou noutro artigo, utilizando o Blog como un ponto de encontro e comunicación.

A PRÓXIMA ASEMBLEA SERÁ O MARTES 27 DE XUÑO ÁS 19:30, NO CENTRO CÍVICO E CULTURAL TORRENTE BALLESTER, NA RÚA DO HOSPITAL DE FERROL

1 comentarios so far

Estades CONVOCADOS para a vindeira ASEMBLEA, este martes día 27 ás 7.30 horas da tarde a celebrar no Centro Cultural TORRENTE BALLESTER.

Orde do día

1.- Lectura e aprobación da ACTA anterior .

2.- Organización.

- Nomeamento Xunta Coordinadora (Dous membros a elixir).

- Establecemento de COTAS.- Responsables da Contabilidade .

- Presentación propostas, elección do LOGO convocado.-

3.- Axenda 21 Local -Concello de Ferrol - Denuncia de incumprimento para desenvolver as Conclusións

4.- Proposta do Colectivo SARTAÑA – Presentacións de ALEGACIÓNS .

5.- Proposta de Resolución presentado polo Colectivo de RECIMIL.

6.- Suxestións e preguntas .-

7.- Vindeira Asemblea ?


Ferrol, Costa Ártabra, a 23 de xuño de 2006.

Pola Xunta Coordenadora

Xan Ramírez
Inacio Martínez
Carlos Gª Seoane
Manuel Domínguez
Xosé M. Sanxoán

artabra21@gmail.com


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon