xoves, xuño 01, 2006

Acta da Asembleia Constituinte [29.05.2006]

Tags

Manuel Domínguez -manudominguez@yahoo.es-
1 de xuño de 2006 23:01
Para: artabra21@gmail.com

Primeira acta da constitución da Plataforma Ártabra 21.
Ferrol, 29 de maio de 2006

-Presentación da Mesa.

-Xustificación da Plataforma: necesidade de recolle-las aspiracións cidadáns baixo a inspitación das conclusións da Axenda 21. Tema fundamental nos debates previos foi a incorporación ou non dos partidos políticos, cuestión que foi finalmente resolta no sentido de acepta-la sua incorporación.

-Lectura do documento constituinte.

-Turno de intervencións: *Cebral, de Galiza Solidaria, declara que lle faltan ó
documento referencias á situación de Astano, á sua posición como asteleiro público.
*Camilo, de Lapis Verdes, pregúntase polos colectivos que van a integra-la Plataforma. Plantexa a necesidade
de escoller entre os conceptos sostíbel e sustentábel, e pon en dúbida algúns aspectos organizativos.
Compróbase a necesidade de aceptar un documento de mínimos para, nun futuro, enmendar sobre a marcha o texto e a dinámica de funcionamento da Plataforma.
*Xan, da Plataforma pola Defensa dos Montes de Brión e Leixa, defende a validez da Axenda 21 fronte ás actitude do Concello de Ferrol. A Plataforma ven a recoller os puntos fundamentais da Axenda. Tamén defende a validez do documento constituinte polo seu carácter dinámico e participativo.
*Lola (?) amosa a sua disconformidade coa planta de gas de Reganosa.
*Fontao, da Asociación Veciñal Santa Mariña, proclama a necesidade de acadar unha auténtica democracia
participativa e critica a privatización dos espazos públicos.
*Xan López, de Artábria, insiste na necesidade de profundizar democráticamente e critica o risco de
protagonismo que pode adquirir, dentro da Plataforma, a cidade de Ferrol fronte a problemática das vilas da
comarca.
*Xan Martínez, de Xoaninha, aplaude a iniciativa, pero critica os principios organizativos, sobre todo, a
forma de convoca-las asembleas. Condiciona de integración na Plataforma á aprobación do documento
polo seu colectivo.
*A representante do Comité de Emerxencia para a Rïa de Ferrol pregúntase pola oportunidade da sua integración na Plataforma, tema que di será obxecto de discusión interna.
*Victorina, do Colectivo Sartaña, sorpréndese polas aparentes contradiccións amosadas por parte da Federación de Asociacións Veciñais de Ferrol *Señor maior (?) defende a necesidade de que a Plataforma asuma as reivindicacións dos pequenos colectivos e critica que a Plataforma se presente como
unha organización que non pretende tomar iniciativas, senon so respaldar as que tomen os colectivos que a constitúen.

-Votación para a aprobación do documento e constitución da Plataforma Ártabra 21 54 votos a favor e unha abstención.

-Presentación de resolucións:

1ªResolución para apoiar ós veciños da praza de Sartaña que se manifestan contrarios ó centro de ocio.
-54 votos a favor e unha abstención-

2ªResolución en contra da ubicación da planta de gas de Reganosa e apoio á concentración do día 3 de xuño.
-55 votos a favor-

-Nomeamento da Xunta Coordinadora: X. M. Sanxoán, I. Martínez, X. Ramírez, Carlos, Cebral e M. Domínguez.

Coméntase por último a necesidade de dispoñer dun logo e dun presuposto.

-Apróbase a data de convocatoria de reunión da próxima asemblea para o día 27 de xuño no centro cultural Torrente Ballester de Ferrol._____


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon