domingo, xuño 25, 2006

Argumentos veciñais de oposición ao atentado urbanístico, cívico, social, ...chamado Centro de Ocio de Sartaña

Tags

Como acordamos na pasada reunión da Coordenadora [22.06.2006] e conforme á resolución acordada na pasada Asembleia da Plataforma Ártabra 21, damos entrada a unha comunicación do Colectivo veciñal pola defensa do parque público de Sartaña, co obxectivo de difundir os argumentos veciñais de oposición ao chamado Centro de Ocio e os pasos a dar para seguir loitando contra a imposición do inxusto acordo plenario con os votos de PP e IF.

Ola compañeir@s ártabr@s.

Con data 25 de maio de 2006, o pleno do Concello de Ferrol acordou adxudicar á empresa Serviocio, o contrato de redacción do proxecto, da xestión e explotación dun centro de ocio na praza de Sartaña.

Despois deste paso no trámite administrativo, os veciños imos presentar alegacións y pretendemos entregar o maior número delas para demostralle ós nosos teimudos gobernantes o respaldo que temos na loita contra este atentado urbanístico, cívico, social, etc.

Unha vez que onte 23 de xuño mantivemos reunión cos veciños e aclaramos algunha traba, xa decidimos a data e hora do acto de presentación masiva de alegacións que terá lugar o venres día 30 de xuño as 12:00 h. no rexistro do Concello.

Gustaríanos contar coa colaboración da plataforma e das entidades integrantes para a difusión e firma das alegacións que vos adxuntamos, así como para a asistencia ó acto.

Como comprobaredes os documentos hai que cubrilos indicando nome, DNI e enderezo (como soamente teñen dereito a alegar os cidadáns de Ferrol, o que sexa de doutro lugar pode facelo, pero ten que poñer un enderezo de algún coñecido de Ferrol). Moi importante tamén é asinala o final.

Imos mandarvos 5 tipos de alegacións. Cada persoa pode cubrir unha de cada modelo, ou sexa que serían 5 alegacións, pero como hai que entregalas no Rexistro deben facerse por duplicado.

As persoas que por calquera motivo non poideran asistir ó acto do 6 de xullo, que non dubiden en facernos chegar as que teñan cubertas da maneira que sexa.

Á próxima asemblea do martes 27 de xuño, levaremos unha boa cantidade delas en papel.

Ata logo,

Veciñ@s na defensa do parque público de Sartaña !

24 de Xuño de 2006


MODELOS DE ESCRITOS DE ALEGACIÓNS
CONTRA A IMPOSICIÓN DO ATENTADO URBANÍSTICO, CÍVICO, SOCIAL, ... CHAMADO CENTRO DE OCIO, POLA DEFENSA DO PARQUE PÚBLICO DE SARTAÑA :

1.- Alegacións por contaminación

2.- Alegacións por motivos técnicos e de legalidade

3.- Alegacións referentes á sustentabilidade

4.- Alegacións: por motivos de saúde pública

5.- Alegacións por motivos cívicos e sociais


Copia, lee e difunde os modelos de alegacións. Armaraste de argumentos, para defender a Praza de Sartaña como un Parque Público e contribuirás a facer de Ferrol unha cidade social e ecoloxicamente sustentábel.

Participando e cunha firme vontade de que as cousas poden e deben cambiar, o conseguiremos. As persoas que podamos, temos que apoiar á veciñanza de Sartaña o venres, día 30 de Xuño ás 12 do medio-dia na Praza de Armas, coas nosas alegacións cubertas e asinadas para entregalas no rexistro municipal.

Participa !!


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon