sábado, xuño 17, 2006

Concentración en Madrid do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

Notas do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, para informar da viaxen, que se está organizando, até Madrid, para concentrar-se diante do Ministerio de Industria e posterior entrevista no Congreso dos Diputados.

Tamén notifican que o vindeiro dia 19 de Xuño terá lugar unha entrevista co Director Xeral de Industria en Compostela.

Clica na Foto para ampliar


NOTA 1.-

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol acordou realizar o próximo 27 de xuño unha viaxe a Madrid en autobús, para concentrarse diante do Ministerio de Industria donde se celabrara unha roda de prensa escenificada alertando dos riscos e a ameaza para a vida humana que supón a planta de Gas que constrúe Reganosa.

Tamén se visitará o Congreso dos Deputados onde unha delegación manterá unha entrevista con Gaspar Llamazares Coordinador de IU para informar das vías xudiciais e administrativas pendentes, detalle dos condicionados que son de imposible cumplimentación por Reganosa dentro de Ría de Ferrol e dos escritos pendentes de resposta polo Presidente do Goberno, o Ministro de Industria e a Ministra de Medioambiente. Así mesmo entregarase un dossier aos grupos parlamentarios que teñen representantes por Galicia, con documentación dos condicionados que son imposibles de cumplimentar por Reganosa, polo cal vénse solicitando ao Ministerio de Industria que non autorice o seu funcionamento e que deixe claro aos operadores de gas natural que únicamente é viable unha planta de Gas fóra de Ría de Ferrol, en Cabo Prioriño onde está construído un Porto Exterior ou en mar aberto do Golfo Ártabro.

Todo-los participantes que den a tempo os dados do Nome, apelidos e DNI poderán acceder ao interior do Congreso donde tendremos una reunión na sala chamada Clara Campoamor.

O prezo da viaxe será entorno a 20 euros e a saída en autobús está prevista para as 24 horas do día 26 de xuño, co regreso cara ás 22 horas do día 27. As inscripciones para quen queiran participar poden facerse, indicando o nome, apelidos e número de documento nacional de identidade, a través das asociacións que constitúen a Asemblea Cidadá e tamén chamando ao teléfono 981357970 do Ateneo, en horas de 11,30 a 13,30. Cada participante debe levar a súa comida para a viaxe.


NOTA 2.-

Recibidas algunhas preguntas en relacion coa nota enviada, comunícase o seguinte:

1.- A horas de saída e chegada refírense a Ferrol.

Saída de Ferrol:

En principio esta prevista para as 24 horas (12 da noite) do luns 26 de xuño.

Regreso a Ferrol:

Espérase chegar a Ferrol entorno ás 22 horas do martes dia 27 de xuño, e dicir, mais ou menos sobre as 14 horas terminada a nosa presenza en Madrid saímos para Ferrol.

2.- Inscripción e reserva de praza:

Dado que desde distintas asociacións vanse anotar solicitudes de praza, parece conveniente o seguinte:

Debe anotarse NOME, APELIDOS, DNI, e TELEFONO da persoa que quere a praza, ademais da entidade ou asociación onde lle anotou a inscripicion de praza solicitada. O teléfono é para confirmar posteriormente a inscripcion definitiva á persoa ou persoas que soliciten praza.

A inscripción definitiva estará centralizada no email, comitecidadan@iespana.es, á que se enviaran os datos desde cada asociación onde se anotaron as solicitudes de praza.

Cada asociación que anote solicitudes de prazas debe manter a nota de datos, despois de transmitila o comitecidadan@iespana.es, para contrastar as posteriores confirmacions de praza, e para comunicar a inscripcion definitiva de praza a quenes o solicitaron. Isto pode ser moi importante os ultimos dias no caso de que se completasen as prazas dun autobus e sexa necesario decidir se se pon outro autobus.

3.- Datos para entrada no Congreso:

Temos qaue facilitar con antelación os datos de nome, apelidos e D.N.I. o Grupo de Esquerda Unida para que realice os tramites de permiso para que podamos acceder ao Congreso dos Deputados. Estamos á espera de que nos digan a antelacion ou ultimo dia de prazo para enviarlles eses datos.


NOTA 3.-

O vindeiro luns 19 de xuño, na sé da Consellería de Industria en Santiago, está previsto que unha Delegación do Comité Cidadán de Emerxencia teña unha segunda entrevista con Anxo Calvo Silvosa, actual Director Xeral de Industria.


Comité Cidadán de Emerxencia para Ría de Ferrol. 17 de xuño 2006.
Carmelo Teixeiro

Máis información en http://comitecidadan.bitacoras.com/


FOTOGRAFIAS AÉREAS:





Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon