mércores, xuño 28, 2006

Resolucións aprobadas na Asemblea Xeral [27.06.2006]

RESOLUCIÓN DE APOIO Á CAMPAÑA DO COLECTIVO DE SARTAÑA

Conforme coa resolución da pasada Asemblea Xeral de apoio á veciñanza de Sartaña e de oposición ao atentado urbanístico, cívico, social, ...chamado Centro de Ocio de Sartaña, e en defensa da Praza de Sartaña como Parque PÚblico, esta Asemblea Xeral da Plataforma ártabra 21,

ACORDA

Apoiar a campaña do Colectivo veciñal pola defensa do parque público de Sartaña, co obxectivo de difundir os argumentos veciñais de oposición ao chamado Centro de Ocio e os pasos a dar para seguir loitando contra a imposición do inxusto acordo plenario cos votos de PP e IF.

Resolvendo espallar e difundir os modelos de alegacións que apresenta o propio colectivo que a continuación relacionamos:

1.- Alegacións por contaminación

2.- Alegacións por motivos técnicos e de legalidade

3.- Alegacións referentes á sustentabilidade

4.- Alegacións: por motivos de saúde pública

5.- Alegacións por motivos cívicos e sociais


E apoiar a concentración veciñal do vindeiro venres 30 de Xuño ás 12 do medio-dia para posteriormente entregar as alegacións no registro municipal.




RESOLUCIÓN CONTRA A DERRUBA DO BARRIO DE RECIMIL E SI A FAVOR DA SÚA REHABILITACIÓN

A Plataforma Ártabra 21, integrada por 17 colectivos organizacións e asociacións, consonte os nosos principios de defensa dunha política xusta, democrática, participativa e responsable cara o futuro da humanidade, e segundo os nosos obxectivos xerais en contra da privatización dos espazos públicos e da especulación inmobiliaria,

DECLARAMOS

o noso rexeitamento á derruba do Barrio de Recimil de Ferrol, e o noso apoio á súa rehabilitación, por resultar menos agresiva para o medio ambiente, e como preservación do noso patrimonio cultural.

Esta Resolución fundaméntase nas opinións de organismos e persoas de recoñecido prestixio neste tema, como son o Colexio de Arquitectos, o Colexio de Xeógrafos, ou a Comisión Provincial de Patrimonio Histórico.

E acordamos acudir ao pleno municipal do Concello de Ferrol, do vindeiro xoves 29 de Xuño, para apoiar á veziñanza de Recimil nas súas xustas reivindicacións.


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon