sábado, outubro 21, 2006

Declaración do Colectivo Fusquenlla [21.10.2006]

Tags


manuel dominguez
-manudominguez@yahoo.es-
21 de octubre de 2006 16:55
Para: artabra21@gmail.com

Declaración do Colectivo Fusquenlla ante as múltiples irregularidades urbanísticas en Pontedeume.

Máis dun ano transcorreu desde que se puxeron as primeiras denuncias contra o edificio da Av. Dr. Villanueva nº1 e só agora o concello pretende calmar o malestar enviando ao arquitecto municipal a elaborar un informe no que se constatan as múltiples ilegalidades que o técnico atopou. Aínda así este traballo resulta inaccesíbel para os cidadáns que denunciamos a obra, contravindo a lei que regula o acceso aos documentos públicos. O colectivo Fusquenlla solicitou coñecer o informe técnico así como os posibeis acordos adoptados polo goberno local para evitar este tipo de infraccións, no suposto que se tomasen tales acordos. Unha vez máis négasenos o dereito a acceder a este tipo de documentación.

Tendo en conta a lexislación sobre ordenación urbanística, o concello de Pontedeume ten a obriga, unha vez detectadas irregularidades nunha obra, de incoar un expediente e paralizar os traballos ata que se repoña a legalidade. Non é así neste caso e as obras seguen o seu curso normal. Sería desexábel, por hixiene política, que se desmentise desde o concello se hai intereses persoais que expliquen esta permisividade.

O concello conculca a lei novamente ao non dictar as medidas oportunas para impedir o desenvolvemento dos traballos e ao non poñer os medios para que os construtores acaten a regulamentación urbanística.

Exiximos que o alcalde paralice inmediatamente esta obra pois xa non hai escusa para a dilación.

Son moitos os casos nos que o rexedor e o concelleiro de urbanismoignoraron a lei de ordenación urbana, beneficiando con iso aos promotores que construen sen control mentres o entorno se deteriora e se modifica a face dunha vila como Pontedeume.

Consideramos que o problemas urbanísticos da nosa vila exixen unha urxente solución dada a veloz carreira do cemento. Por iso amén demandamos da Consellería de Política Territorial e Urbanismo que aplique a lei dun xeito inmediato e con todo rigor.

Segundo esta, a CPTOPT ten a obriga de informar ao ministerio fiscal das infraccións cometidas polos concellos en materia urbanística dado que o concello non respetou a legalidade e iso a pesar dos últiples requerimentos feitos pola propia Xunta. Lembremos que hai ordes de paralización dictadas sobre obras como o edificio de Caldagueiro e sobre vivendas construidas en zona de protección costeira, que se permitíu a ocupación de vivendas cun expediente aberto sen o correspondente certificado de primeira ocupación, que se concederon licenzas para construir en zonas protexidas, que se permitíu ampliar unha urbanización como Caldagueiro previamente declarada ilegal, que se tolerou unha segregación do chan a pesar do informe negativo da secretaria co obxecto de beneficiar a un coñecido construtor, que non se respectan os dereitos cidadáns ao negarlles a información requerida sobre documentos públicos, e que se consente aos construtores non axustar as obras ás licenzas concedidas.

Nun escrito enviado á Consellería de Poítica Territorial e Urbanismo exiximos que esta adopte definitivamente unha posición clara respecto ao ocurrido en Pontedeume, dando conta ao fiscal dos feitos comprobados.

Cremos que non abonda coa acusación que se fixo sobre dúas vivendas particulares en Nogueirosa soslaiando outras actuacións ilegais moito máis graves e daniñas desde o punto de vista urbanísitco. A Xunta ten o compromiso moral e legal de facer que se repecte o estado de dereito, máxime cando os que o infrinxen son os poderes públicos, neste caso o concello de Pontedeume, sen dar motivos para pensar que hai neglixencia en quen ten que velar, na súa condición de máxima autoridade, polo total acatamento da legalidade. Por esta razón, tamén daremos conta ao presidente do executivo do escrito enviado á CPTOPT.

http://www.sospontedeume.com/


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon