Miguelanxo Reimúndez
13 de octubre de 2006 21:38
Para: artabra21@gmail.com
O próximo domingo 15, as 12.30 h. terá lugar no adro de san Francisco un acto reivindicativo para solicitar a recualificación como zona verde dos tres solares diante do adro. Adxunto nota de prensa por se queredes sacar máis información no blog.
saúde
miguel
Co fin de reclamar da administración municipal a cualificación como zona verde pública das parcelas diante do adro de San Francisco, e así evitar o dano irreparable que suporía a edificación dun edificio de baixo e tres alturas neste espacio tan significativo para a cidade, a Comisión pola recuperación de Ferrol Vello e a A.vv. de Ferrol Vello convocan un acto reivindicativo que terá lugar diante da igrexa de San Francisco o próximo domingo ás 12.30 horas.
O plan xeral de ordenación urbana, e a propia ley de Ordenación Urbanística de Galicia, permite a modificación do planeamento unha vez trascorridos catro anos a contar dende a súa entrada en vigor (neste caso a contar dende xaneiro de 2001).
Atendendo a este precepto, e co fin de convertir estes tres solares en zona verde, o Pleno da Corporación Municipal acordou o 30 de xuño de 2005 a suspensión de outorgamento de licencias durante un ano, prorrogable sempre e cando nese periodo se producira a aprobación inicial desta modificación.
Posteriormente esta resolución foi ratificada por unanimidade de tódalas forzas políticas polo pleno da Corporación o día 27 de Xullo de 2006, a iniciativa de EU-IU, no marco dunha moción de dez medidas para a recuperación de Ferrol Vello.
Esta suspensión de licencias entrou en vigor o día da súa publicación no DOG (15 novembro de 2005) e, polo tanto, caduca o 15 de novembro de 2006. De non terse aprobado inicialmente a modificación puntual no prazo dun mes, non se podería prorrogar a suspensión de licencias e os propietarios poderían construir o aproveitamento que o plan hoxendía lles outorga. Esto xeraría un dano irreparable na imaxe da cidade, perxudicando sen remedio o papel de mirador sobre os Arsenais e a ría que hoxendía teñen os Xardíns de Herrera e o Adro de San Francisco e alterando profundamente a escala do barrio de Argüelles nas rúas Cruz e Virxe.
Aclarar que a conversión destes solares en zona verde non supón inicialmente máis gasto que a publicación do anuncio no DOG, xa que logo non sería necesario expropiar os terreos ata dentro de catro anos. Ademáis a expropiación resultaría máis económica despois da modificación (como zona verde) que antes da modificación (como terreo edificable), e o prezo dos terreos non superaría en ningún caso os 200.000 euros (tendo en conta os valores catastrais de referencia vixentes).
Dende a Comisión Pola Recuperación de Ferrol Vello e a Avv. de Ferrol Vello pensamos que o barrio non necesita máis vivenda nova, e sí rehabilitar a vivenda hoxe baleira e xerar novos espacios de lecer para os seus habitantes.
Só dende o desprecio polo interese público xustifícase a non tramitación desta modificación puntual. Chama a atención a celeridade ca que se tramitan e aproban outras modificacións moito máis complexas como a correspondente a Fábrica de Lápis (Parcela Hispania), onde sí están en xogo importantes intereses privados.
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
venres, outubro 13, 2006
Domingo 15, mobilización veciñal en Ferrol-Vello, en defensa dos espazos públicos
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan venres, outubro 13, 2006
Tags
Artigos relacionados
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon