martes, outubro 24, 2006

Os días 7 e 8 de Novembro haberá unhas xornadas de Enerxias Renovabeis en Ferrol, organizadas por Enxeñeria Sen Fronteiras

Tags

I Xornadas de Enerxías Renovabeis. Tecnoloxía e Aplicación ó Desenvolvemento

Aberta a inscripción até o dia 30 deste mes de Outubro, para poder participar nas I Xornadas de Enerxías Renovabeis en Ferrol. Realizaranse o 7 e 8 de Novembro no Salón de Actos do Vicerrectorado de Ferrol da UDC no Campus de Esteiro, organizadas por Enxenería Sen Fronteiras.

Coa intención de proporcionar aos diferentes actores sociais, insitucions e entidades privadas que desenvolven a súa actividade na Galiza, como a todos aqueles sectores da poboación interesados, nunha visión máis ampla e realista da situación enerxética actual.

Varios técnicos en proxectos e expertos de nivel internacional en enerxía explicarán a influencia que ésta ten no desenvolvemento humano.

As xornadas ofrecen a posibilidade de aproximarse á situación enerxética mundial dun modo obxectivo e realista, que permita comprender dunha forma clara a importancia que a enerxía xoga no desenvolvemento humano e someter a debate social o emprego que da mesma se leva a cabo, así como os seus métodos de obtención e as diferentes políticas enerxéticas actuais.

Mais info en
http://galicia.isf.es/energiaferrol/galego/index.php

Enxeñería Sen Fronteras (ESF) é unha Organización Non Gubernamental (ONG) adicada á cooperación ó desevolvemento que traballa para construír unha sociedade mundial xusta e solidaria e para pór a Tecnoloxía ó servizo do desenvolvemento humano.
ESF é unha ONG pluridisciplinar, aconfesional e apartidista, formada por socios e voluntarios. Está estructurada en forma de federación de asociacións que comparten uns mesmos obxectivos e principios.

http://galicia.isf.es/


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon