MANIFESTACIÓN-CONCENTRACIÓN
Sábado, 11 de Novembro, ás 12 do medio-dia no peirao de Ferrol, onde atracan as lanchas de Mugardos.
A Autoridade Portuaria de Ferrol programou para o 2007 un dragado da canle de entrada/saída da Ría. Unha actuación que non se precisa por que está próxima a inauguración do Porto Exterior en Cabo Prioriño que poderá recibir os grandes buques e as mercancías perigosas ou nocivas, polo que non será necesario que entren ao porto interior.
Tras esta decisión se esconde o interese dos promotores de Reganosa, empresa que non ten autorización para entrar en funcionamento, contra a que existen once contenciosos admitidos a trámite, con dúas sentencias do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que anulan a tramitación ambiental de Reganosa, pendentes de ser ratificadas polo Tribunal Supremo. Así mesmo na Comisión Europea existe un expediente contra o estado español por vulneración da directiva Seveso II de prevención de riscos de accidentes graves por sustancias perigosas.
O pasado setembro no Congreso dos Deputados, o Goberno Central respondeu que esixirá que se cumpran as decisións do Tribunal Supremo e os demais Tribunais, pero se ampara nun informe da Autoridade Portuaria do ano 2004 que recomenda dragar a canle de entrada á Ría.
O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol chama a cidadanía a partipar nesta manifestación, para expresar o rexeitamento pola actitude dunha administración pública que non fai caso ás leis nin as decisións dos tribunais e pretende utilizar os recursos públicos que son de todos para unha actuación que non é necesaria e que de levarse a cabo degradararía aínda mais a Ría de Ferrol. A manifestación partirá de onde atracan as lanchas de Mugardos e percorrerá o “Paseo da Mariña” ata a fronte do edificio da Autoridade Portuaria.
Se solicitará por escrito o Presidente da Autoridade Portuaria que non se faga tal dragado e tamén se lle lembrarán as obrigas de estar o servicio dos intereses públicos. Asimesmo se lle solicitará que o millón e medio de euros sexa destinado a iniciar a rexeneración e a recuperación da riqueza natural e do potencial de emprego da Ría, eliminando lodos e recheos como os do peirao carboeiro que Endesa vai deixar de utilizar.
É evidente que Reganosa sería unha ameaza para a vida humana e o medioambiente, no caso de que chegase a entrar en funcionamento, dentro da Ría de Ferrol e adosada a un complexo petroquímico xa existente e con 40.000 habitantes ao redor, nun radio de 3 quilómetros
Tamén ao actual Presidente da Autoridade Portuaria solicitaráselle que revise e anule os informes que os seus antecesores Guillermo Grandio e Angel del Real enviaron nos anos 2001 e 2004 á Dirección Xeral de Política Energética e Minas. Ditos informes, ocultan o perigo, son favorables a Reganosa e non garanten que os gaseiros poidan cumprimentar a Norma europea EN-1532 segundo a que en caso de urxencia durante a descarga, estes deben poder saír a mar aberto polos seus medios e con rapidez, ademais de que o lugar de descarga dos buques gaseiros debe estar situado augas fóra da canle principal navegable.Todas estas condicións pódense cumprir no Porto Exterior, pero son imposibles coa ubicación de Reganosa dentro da Ría de Ferrol.
Así mesmo recordaráselle que os cartos da Autoridade Portuaria non son para facer favores e que a Directiva Seveso II en canto a distancias suficientes ás poboacións tamén é aplicable aos buques gaseros, por ser instalacións perigosas que poden producir accidentes graves.
Acude á manifetación, o Sábado, 11 de Novembro, ás 12 do medio-dia no peirao de Ferrol, onde atracan as lanchas de Mugardos.
¡DEFENDAMOS A VIDA A RÍA E O MARISQUEO!
¡O DRAGADO DO CANAL DA RÍA NON E NECESARIO!
¡PLANTA DE GAS NO PORTO EXTERIOR!
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
xoves, novembro 09, 2006
Convocatoria da manifestación do 11 de Novembro contra a Planta de Gas de REGANOSA
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan xoves, novembro 09, 2006
Tags
Artigos relacionados
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon