mércores, novembro 08, 2006

Nunca Máis convoca unha manifestación nacional o domingo 12de novembro, ás 12 do mediodia en Compostela

Tags

De: cig.prensa@galizacig.com
Para:artabra21@gmail.com

Vigo, 8 de novembro de 2006

"Outro Prestige aínda é posíbel, evitémolo"


A mobilización da Plataforma cidadá Nunca Máis foi presentada en rolda de prensa nacional na que participaron Rafa Villar, portavoz nacional de Nunca Máis, e Xaquín Rubido, integrante da Plataforma en Defensa da Ría da Arousa e da Xestora de Nunca Máis. A manifestación, no cuarto aniversario do Prestige, sairá da Alameda de Compostela este domingo 12 ás doce da mañá.

Rafa Villar, portavoz nacional de Nunca Máis, e Xaquín Rubido, da Plataforma en Defensa da Ría da Arousa, presentaron en rolda de prensa a mobilización do domingo.

Segue existindo un alto risco no tránsito marítimo; Galiza non posúe un Plan de Continxencias propio; seguen sen determinarse os "Lugares Refuxio" e os Centros de Almacenamento; a escaseza de medios é evidente; non se controla eficazmente o Dispositivo de Separación de Tráfico de Fisterra; continúa a deterioración do noso medio mariño; permanece a débeda histórica do Estado, que non atendeu á súa obriga de protexer o litoral galego. Velaí os argumentos principais cos que Nunca Máis subliña que "é obriga da sociedade galega lembrar que unha catástrofe marítima e medioambiental aínda é posíbel" e polo que se convoca unha manifestación para o día 12 de novembro ás 12 horas, que sairá da Alameda de Santiago.

A continuación reproducimos o díptico que está a ser repartido nas comarcas de Nunca Máis en todo o país e que explica máis polo miúdo as razóns e necesidades de volver saír ás rúas, para que o berro nunca máis poda ser unha realidade!


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon