domingo, decembro 03, 2006

Comité Cidadán Antisida de Ferrol Lazos Pro Solidariedade

Tags

En Ferrol, desde 1996, está funcionando unha asociación de indiscutíbel valor social, tratase dunha iniciativa xenerosa que desenvolve toda unha importante actividade a prevención do vih/sida; defensa dos dereitos e mellora da calidade de vida das persoas infectadas, así como o dereito á visibilidade das persoas que viven con VIH/SIDA; minimizar os riscos en usuarios de drogas por vía intravenosa, así como impulsar o sexo seguro para evitar E.T.S., entre as que está o VIH/SIDA; atender mediante consultas de psicólogo e terapias grupais ás persoas afectada e ao seu contorno.

A maiores, desde a asociación Lazos organizan obradoiros de coiro, de elaboración de dietas adecuadas ás persoas seropositivas e outros obadoiros segundo demanda das persoas usuarias.

A asociación realiza un programa en Rádio FilispiM, no 93.9 da FM, todos os Sábados de 12:00 a 13:30  Horas e Domingos, de  21:00 a 22:30 horas: "Diagnóstico Positivo" é o nome do programa do Comité Anti-SIDA, de actualidade, información e entrevistas.

Blogue de Lazos:

http://comitelazos.blogspot.com.es/

Lazos está na:

Rúa Dr Fleming 8-10 Baixo
15401 Ferrol


Os seus telefonos e corrreio-e son:
Horario de Atención:

de 09.30 a 13.30 Luns a Vernes (días laborais)
de 16.00 a 20.00 Martes e Xoves (días laborais)

Horario de atención: (desde o 1 de Xullo até 15 de Setembro)

de 09.00 a 14.00 Luns a Vernes (días laborais)

Enlaces relacionados:

-----


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon