luns, decembro 04, 2006

Entrega do Manifesto Cidadán e solicitude de reunión urxente no Concello de Ferrol

Tags

Hoxe, luns 4 de decembro, ás 12 do mediodia, unha representación das 17 entidades [asociacións veciñais, comerciantes, sindicatos, partidos políticos, federación de ANPas de Ferrolterra e a Plataforma Ártabra 21] que convocaron a manifestación do pasado domingo 3 de decembro, pola defensa dos espacios públicos e de oposición ao macro-edificio na Praza da Porta Nova [Praza de España], presentaron no registro do Concello de Ferrol, un escrito co que se lle achegaba a Alcaldía cópia do MANIFESTO CIDADÁN que ven representar as DEMANDAS da manifestación popular celebrada o domingo. No mesmo escrito solicitábase unha reunión urxente com esa Alcaldia e o Concelleiro de Urbanismo, Guillermo Evia, para presentar ditas demandas e argumentar a nosa posición ao respecto.

Posteriormente a delegación das 17 entidades convocantes da manifestación, desplazaronse ás inmediacións do despacho do Alcalde, para facerlle entrega personalmente do Manifesto Cidadán e da solicitude de reunión urxente, mais este non saíu para recebir á delegación,enviando ao seu secretario partícular, para recebir o escrito.

Membros da delegación, foron entrevistados por moitos medios de comunicación que estaban espectantes a como se vai desenvolvendo este asunto, con tantas implicacións, políticas, urbanísticas, económicas e xudiciais. Pois a irresponsábel
actuación do goberno municipal, pode ter importantes repercusións económicas para as arcas municipais, en consecuencia para o património e o diñeiro de toda a veciñanza de Ferrol.



Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon