venres, decembro 08, 2006

información da Asemblea da PA21 do 28 de novembro

Tags

INFORMACION-PRENSA

A Plataforma Ártabra21 informa que o pasado día 28 novembro, celebrou unha ASEMBLEA no Centro Cívico de CARANZA ás 19 30 horas , ante unha representación do 90% das súas organizacións e entidades.

* Informamos do estado de contas e varias xestións realizadas ante a proximidade da MANIFESTACIÓN do vindeiro día 3 de decembro ás 12 horas.

* Realizamos contactos con varias organizacións para que se sumen a convocatoria da Manifestación , sendo case todas positivas en canto a apoiar ou participar coma son o caso de varias Asociacións Veciñais, Sindicatos, Asociacións Culturais..etc., lamentando significadas ausencias.

* Estimamos moi oportuno a celebración dunha charla -debate prevista no Carvalho Calero co lema “OUTRA POLITICA URBANISTICA É POSIBLE”, que daremos a coñecer e debater polos afectados de Colectivo SARTAÑA, Colectivo de RECIMIL, Comunidade de MENANCARO, colectivo MONTE CHA DE BRION E LEIXA, Colectivo FERROL- VELLO.

* Faise unha valoración e análise do acontecido no PLENO do día 17 de Novembro a respecto da retirada dos RECURSOS XUDICIAIS que ten posto o Concello de Ferrol contra a PLANTA DE GAS.

A moción foi presentada polo goberno local do PP e aprobada cos seus votos e os VOTOS DO BNG.

Prodúcese unha segunda votación para retirar TODOS OS RECURSOS que teña o Concello co resultando a favor do PP , coa ABSTENCIÓN DO BNG e PSOE.

Suscitase un debate coa conclusión que este feito é consecuencia dunha política errática distas dúas forzas políticas da oposición , antepoñendo políticas baseadas nos intereses por riba da defensa da ría e a seguridade dos seus habitantes.

Lembramos que o problema da PLANTA DE GAS débese a un cambio de actitude POLÍTICA do BNG – PSOE, facendo un recoñecemento de tres bos concelleiros que tiveron que abandonar a política municipal, Mª LUISA SABIO, XERMÁN LASTRA e FRA MOLINERO.

Faise unha LOUVANZA da intervención FIRME E DOCUMENTADA DA REPRESENTANTE DE EU-IU, YOLANDA DÍAZ.

-Acordamos redactar un COMUNICADO , REPROBANDO A ACTITUDE DO CONCELLO POLA RETIRADA DOS RECURSOS.

- ACORDAMOS ingresar e formar parte da REDE “LITORAL VIVO”, que consiste nunha rede de Intercambio de información e experiencias das distintas PLATAFORMAS OU ENTIDADES na DENUNCIA DOS ATENTADOS ECOLOXICOS contra a COSTA GALEGA.

Será a representante da Asociación Ecoloxista de VERDEGAIA a portavoz da Plataforma Ártabra21 na rede LITORAL VIVO.

- ACORDAMOS NON ENVIAR MAIS NOTAS INFORMATIVAS ao GRUPO VOZ- A COZ DE GALICIA no que se refire a noticias da PLATAFORMA ÁRTABRA21 e as súas organizacións que a conforman, motivado ao trato informativo, PARCIAL, MANIPULADOR e mesmo con practicas de CENSURA , dependendo dos intereses de empresa por riba do interese informativo, segundo alegan ante as súas audiencias.


Ferrol a 8 de decembro de 2006.

Saúdos

Plataforma Ártabra21

Asdo.
José R. Jove
Amadeo Varela
Xosé M. Sanxoán


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon