Unhas 50 compañías farmacéuticas producen medicamentos antirretrovirais (ARV) en todo o mundo, e estanse desenvolvendo novos tratamentos e potenciais vacunas porque existe un mercado para eles nos países occidentais. Pero as persoas que viven con VIH/SIDA nos países en desenvolvemento seguen sendo ignoradas: dos seis millóns de persoas que necesitan ARV a día de hoxe, só 440.000 teñen acceso ao tratamento.
MSF proporciona tratamento ARV como parte dos seus programas de atención integral de VIH/SIDA a unhas 13.000 persoas en máis de 20 países, e confía en tratar a máis nos próximos anos. A nosa capacidade para incrementar o número de pacientes en tratamento débese, en parte, á utilización de combinacións a doses fixas (CDF) de ARV, é dicir, pastillas que inclúen varios medicamentos contra a SIDA en cada comprimido, máis fáciles de usar. As CDF máis baratas ofrécense a menos de 200 US$ por persoa e ano.
Pero aínda quedan grandes retos para lograr o acceso a tratamentos contra a SIDA. As mulleres embarazadas e os nenos con VIH/SIDA teñen poucas opcións de medicamentos asequibles e adecuados. Ademais, cando a primeira tripla terapia falla e os pacientes deben cambiar ao tratamento de segunda liña, os prezos dispáranse. O tratamento de segunda liña máis barato entre os recomendados pola OMS costa entre cinco e dez veces máis que o máis barato de primeira liña. Así mesmo, o seguimiento do fallo do tratamento de primeira liña e o diagnóstico das coinfecciones comúns, como a tuberculosis, é moi complicado cos medios actuais.
Retos: conseguir medicamentos simplificados e asequibles, e novos sistemas de seguimiento para facilitar o acceso a ARV a todos os que os necesitan.
Artigos relacionados
Sítio Internacional de MSF
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon