martes, xaneiro 09, 2007

Campaña de Amnistia Internacional: Proxección do filme Camiño a Guantánamo de Michael Winterbottom e Mat Whitecross, venres 12 de xaneiro

Tags

De: asociacion veciñal -avvorosario@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 10 de xaneiro de 2007 18:45
Asunto: Campaña de Amnistía Internacional



AMNISTÍA INTERNACIONAL
GRUPO LOCAL FERROLTERRA

Campus de Esteiro
Edificio de Apoio ao Estudo
Av. de Vigo, s/n. FERROL


Prezado amigo,

O 11 de xaneiro é o 5º aniversario do inicio das retencións levadas a cabo no centro de detención da Bahía de Guantánamo, en Cuba. Amnistía Internacional na súa campaña contra a tortura está a desenvolver accións coordinadas para aumentar a presión internacional que poida conseguir o peche deste centro, punta do iceberg de tódolos iniciados ilegalmente dende o atentado do 11 de setembro de 2001 en Nova York.

Como sabes das nosas anteriores comunicacións no Grupo Local de Ferrolterra estamos a traballar nun Proxecto Especial, enfocado a David Hicks, preso australiano capturado o 9 de decembro de 2001 en Afganistán, que na actualidade aínda segue alí retido sen que lle fosen presentados os seus cargos.

Dende Ferrolterra, nós queremos apoiar esta campaña coa proxección da película Camiño a Guantánamo de Michael Winterbottom e Mat Whitecross, premio á mellor dirección no Festival de Berlín de 2006, no Centro Cultural da Fundación Caixa Galicia no Cantón o venres día 12 de xaneiro ás 20:00 horas.

Agardamos que esta proxección sirva para achegar a máis xente a situación na que se atopan estas persoas, polo que queriamos pedirche a túa colaboración e difusión. Unha aperta.

Grupo Local Ferrolterra.


--
ASOCIACION VECIÑAL O ROSARIO- INFERNIÑO
CIF-G70006473
correo-e: avvorosario@gmail.com
blog da asociación: http://ferrolnovo.blogspot.com


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon