martes, xaneiro 16, 2007

Desacordo coa situación xerada derredor da instalación de plantas de acuicultura en Galiza

Tags

De: CARLOS OUTEIRO BAAMONDE -couteiro@hotmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 15/01/2007 07:32
Assunto: Desacordo coa situación xerada derredor da instalación de plantas de acuicultura en Galiza.


Queremos manifestar o noso desacordo coa situación xerada derredor da instalación de plantas de acuicultura en Galiza.

Consideramos prioritario que a administración galega volque os seus esforzos en que as condicións das nosas rías e das augas próximas á costa (onde existe un moi importante potencial de producción pesqueira) non continúen a padecer as problemáticas dos hidrocarburos, augas residuais, recheos, etc, que dificuldan ou impeden dispormos dunha producción pesqueira sen comparanza en calidade e en número de postos de traballo con respeito ás plantas de acuicultura.

Non rexeitamos a instalación de estas plantas sempre en cando se faga desde criterios de sustentabilidade para o noso entorno natural. A necesidade que este tipo de empresas teñen da utilización de auga do mar non implica necesariamente que a súa instalación se faga na beiramar, poidéndose contemplar a posibilidade de retiralas uns centos de metros para reducir o impacto sobre o noso litoral.

A Consellaría de Pesca non debe bailar ao son que toque unha empresa privada por moi grande que esta sexa. Pescanova, logo de recoller numerosas subvencións do erario público presionan á administración para que lle facilite saltarse a legalidade vixente, cousa esta, na que a administración soupo estar á altura das circunstancias ao impedir a súa instalación en Touriñán.

Mais agora non entendemos que desde a Consellaría se pretenda dar por feito a instalación dunha planta de acuicultura de enormes dimensións no litoral do concello de Ferrol sen que se coñeza un proxecto real nen que, xa que logo, teña superado os trámites legais para se instalare no noso litoral. Será culpa de esta consellaría se a opinión pública tira a conclusión de que se un entorno natural non fica dentro da Rede Natura 2000 xa non ten valor ecolóxico nen lexislación que o protexa.

Ferrol a 12 de xaneiro do 2007

Carlos Outeiro Baamonde
Vice-responsábel Adega-Trasancos

Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza
Pza Camilo Díaz Valiño, 2º A 15704 Santiago de Compostela
Correo electrónico: adega@adega.info
Páxina electrónica: www.adega.info
Tfnos: 981.570099 /619 808662

Delegación ADEGA-Trasancos

3 comentarios

¿Que foi da Plataforma pola Defensa da Ría da que Carlos Outeiro era Vicepresidente e que desapareceu cando se fixo o Porto Exterior e sobre todo a Planta de Gas dentro da Ría de Ferrol?.
¿E agora despois de que a UPG se fixese co control de Adega para controla-lo , ven o Carlos Outeiro de ecoloxista militante? ¿ Dentro de pouco virá Cesio o da SGHN que escribe documentos na Nosa Terra xunto con Nandi e con Cabarcos, defendendo a Planta de Gas de Mugardos?. Carlos Outeiro pola súa defensa da Planta de Gas dentro da Ría está desautorizado para falar de ecoloxía

Me imagino, que en honor a la libertad de expresión, cada persona que escriba en este blog o remita información al mismo, es libre de expresar lo que le parece más oportuno o correcto sin necesidad de insultar o atacar a terceras personas.
Un saludo

Antonio ¿ Que opina Adega de que se duplique a capacidade de Reganosa, como solicita a Consellería de Industria e o BNG?. Nos gustaría coñecer públicamente a vosa opinión


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon