venres, xaneiro 26, 2007

O desenvolvimento do Pleno Municipal do 25 de xaneiro, en Ferrol, segundo os medios de comunicación

Tags

Diario de Ferrol
Vernes, 26 de Xaneiro de 2007
Ferrol
PP e IF rexeitan a moción para paralizar as obras
Como xa se sabía desde o momento da súa presentación, os votos da coalición de goberno -PP e IF- impediron a aprobación da moción elaborada de forma conxunta polos grupos da oposición na que se pedía a paralización das obras do edificio da praza de España.

La Voz de Galicia
Venres, 26 de Xaneiro de 2007
Ferrol
A praza de España fractura a goberno e oposición ao iniciar a precampaña
A coalición recorda que hai dous anos aprobouse a obra «e entón non houbo contencioso»
A esquerda di que o edificio é «ilegal» e pide a súa paralización, que rexeitaron PP e IF

2 comentarios

Penoso o papel xogado por XXP. quen despois de ir detrás da pancarta na manifestación convocada pola Plataforma pola Defensa dos Espazos Públicos o domingo 21 de xaneiro, contra o edificio de Independientes por Ferrol ( partido ó que pertence Caselas), manifestación que foi boicoteada pola Xunta Directiva de Roi Xordo, fai súa a moción presentada polos boicoteadores da manifestación ( a Xunta Directiva de Roi Xordo), pero non se ofrece a ler a da Plataforma pola Defensa dos Espazos Públicos, despois de ir detras da súa pancarta na manifestación do domingo 21

Nom creio que o papel de XXP, fosse penoso por ler no Pleno a moçom da Federación Veciñal de Ferrol "Roi Xordo", senom por nom saber defendê-la, nem abrir a boca para defendê-la, assim, penso que, nom se pode ser candidato à Alcaldia. Nom digamos já pola, sua postura respeito à Plata de Gas de REGANOSA, mas isto já é outro assunto que agora nom vém ao caso.

Nom creio que a F.V de Ferrol "Roi Xordo", boicotea-se as manifestaçons, mais bem logo de vários intentos para que se somasem à unidade do movimento vicinha, esta entidade declinara participar nas mobilizaçons, que nom é o mesmo que boicotear. Que algum dos membros da sua Junta Directiva dixeram palavras nécias num programa radiofónico do Grupo Voz, nom tem maior validez que opinions pessoais desse directivo, à que os feitos restanlhe toda razom.

Que se lera a moçom da F.V de Ferrol "Roi Xordo" no pleno, penso que foi moi positivo, e mais sobre todo quando os seus vectores argumentais e reivindicativos, somam-se aos vectores das entidades convocantes das mobilizaçons pola defensa dos espaços públicos e aos da própria Plataforma Ártabra 21; e todos sabemos que as forças cujo sentido e direçom coincidem, a resultante é umha soma, e penso que é umha soma muito importante.

Todas e todos sabemos que a unidade vicinhal seria o desejável, mas umha unidade desejada e compartida, senom é assim melhor e que nom a haja. Bem sabemos que mesmo, nom seu momento, tivemos que debater dentro da prória Assembleia Geral da PA21, para buscar a unidade, pois havia companheiros que nom compartiam esta opiniom. Pois também é certo, que desde a F.V. de Ferrol "Roi Xordo", tem-se causado feridas importantes a colectivos viciñais da nossa PA21, como é no caso de Recimil e Sartanha, entre outros assuntos. Mas também é certo que dentro da entidades convocantes das mobilizaçons na defensa ..., há cinco associaçons vicinhais que pertencem à F.V. de Ferrol "Roi Xordo", das dez que a conformam, polo que umha parte muito importante da F.V. de Ferrol "Roi Xordo" estivo mobilizando-se com todas e todos nós em pé de igualdade e baixo as mesmas reivindicaçons.

Saúde !

Inácio


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon