xoves, febreiro 15, 2007

Ante a noticia de descartar o proxecto de construción dunha instalación de explotación de acuícultura na zona de Ponzos - Covas

De: eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
Para: artabra21@gmail.com
Data: 15 de febreiro de 2007 9:37
Asunto: Ante a noticia de descartar o proxecto de construción dunha instalación dunha explotación de acuícultura na zona de Covas

“Esquerda Unida-IU congratúlase da decisión da Xunta de descartar Ponzos para instalar unha piscifactoría”

Esquerda Unida-IU de Ferrol ante a noticia de descatar o proxecto de construcción dunha instalacióndunha explotación de acuícultura na zona de Covas por parte da iniciativa privada quere manifestar o seguinte:

En primeiro lugar, congratularnos da decisión da Xunta de Galicia, manifestada no día de onte polo Voceiro de Pesca do Grupo socialista no Parlamento galego por ser unha decisión que representa a volta á cordura dende un punto de vista do planeamento, a ordenación do territorio e a preservación dos nosos recursos naturais.

En segundo lugar, manifestar que a decisión tómase no mesmo sentido que, no seu día, manifestou Esquerda Unida-IU de Ferrol cando tomou posicionamento en relación ao proxecto. Isto é tomando en consideración que o consumo de solo protexido para a instalación dunha empresa privada é, dende o punto de vista do planeamento, irracional. Máis se lle engadimos o escaso número de postos de traballo que se crearían dado o elevado grao de mecanización destes complexos.

En terceiro lugar, Esquerda Unida-IU de Ferrol quere esixir ás distintas administracións públicas que non se lancen a lanzar globos sondos a creas expectativas de creación de emprego, nunha zona tan necesitada del, e actúen con seriedade e rigor estudando os distintos aspectos que afectan a todas estas “grandes ideas” e evitando debates estériles entre a cidadanía.


Por último, significar que a zona onde se pretendía localizar a devandita empresa é unha das moitas maravillas naturais que posúe o noso Concello, digna de ser preservada e potenciada, polo que pedimos a Adminsitración local, autonómica e estatal un esforzo en aras a protexer, conservar, divulgar e explotar suntentablemente este anaco, apenas urbanizado, da nosa costa.

Ferrol, 15 de febreiro de 2007

Esquerda Unida-IU de Ferrol


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon