De: BNG -bng@ferrol-concello.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 9 de febreiro de 2007 14:10
Asunto: Novo retraso nas obras da Praza de España
O BNG esixe a Juncal que de contas sobre o novo retraso nas obras da Praza de España
O grupo municipal do BNG considera que o alcalde, Juan Juncal, debe aclarar de imediato a situación na que se atopan as obras de urbanización da superficie sobre o aparcadoiro da Praza de España e a suposta intención, coñecida na mañá de hoxe, da empresa constructora de retrasar a súa finalización 6 meses.
Para o BNG,este feito, supón a evidencia palpábel da falta de autoridade e capacidade que ten o señor Juncal e os seus delegados municipais à hora de xestionar a política urbanística muncipal. De nada valen as declaracións de Evia sobre a finalización destas obras cando a realidade se empeña unha e outra vez en deixar en evidencia a súa falta de autoridade.
O BNG sostén que o Goberno de Juan Juncal é, a día de hoxe, incapaz de xestionar unha saida digna para a Praza de España e consideran patético o espectáculo que desde o goberno local se está montando co fin de ocultar o verdadeiro problema que non é outro que se están a desenvolver unhas obras que incumpren o Planeamento Urbanístico Municipal.
A rapidez de Juncal de acudir ao Xulgado para solventar as súas diferenzas urbanísticas coas administracións chocan frontalmente coa súa pasividade à hora de culminar adecuadamente as obras e proxectos municipais.
O BNG lembra que o Goberno de Juncal promoveu un proxecto de urbanización totalmente oposto ao que no seu dia tiña o anterior goberno municipal.
Ademais, compre lembrar que prometeu, en varias ocasións, que estas obras de urbanización sobre o aparcadoiro, que se executan con cargo ao Convenio co IGVS, ian estar rematadas antes do nadal e vemos como agora se extenden sine die.
Ferrol a 9 de febreiro de 2007
Grupo Municipal do BNG
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
venres, febreiro 09, 2007
Novo retraso nas obras da Praza da Porta Nova [Praza de España]
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan venres, febreiro 09, 2007
Tags
Artigos relacionados
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon