De: eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
Para: artabra21@gmail.com
Data: 19 de febreiro de 2007 11:51
Asunto: Que o Alcalde asuma o seu cargo para solucionar os problemas da veciñanza dos Corrais
Esquerda Unida-IU de Ferrol solicita que o Alcalde asuma o seu cargo para solucionar os problemas da veciñanza dos Corrais
Como se lembrará o pasado venres día 16 membros de Esquerda Unida-IU de Ferrol, entre os que se atopaba a candidata á Alcaldía de Ferrol, Yolanda Díaz Pérez, acudiron a visitar aos veciños acampados na zona dos Corrais e coñecer “in situ” as súas demandas e danos sofridos tras o último desbordamento do río.
Unha vez alí a delegación desta formación política puido comprobar como moitos dos veciños e veciñas quedaron sen enseres como consecuencia da entrada masiva de auga nas súas propiedades, como moitos deles teñen inutilizadas as partes baixas das súas casas e teñen que facer a súa vida persoal e familiar nas partes altas das casas dado o estado no que quedaron as súas vivendas. Pero estas non son as únicas perdas ou danos sofridas pola veciñanza, tamén puidose comprobar como a situación está a afectar ao estado anímico do colectivo e das persoas que o integran.
No día de hoxe, o Grupo municipal de Esquerda Unida-IU, asinado pola candidata a Alcaldía e Voceira municipal, Yolanda Díaz, presentou un escrito dirixido ao Alcalde de Ferrol para que na súa responsabilidade de Alcalde de Ferrol, como máximo representante dos veciños e veciñas do Concello, proceda a iniciar os trámites para formar unha mesa integrada por representantes dos veciños e das veciñas dos Corrais (Serantes), polos responsables da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, da Xunta de Galicia e/ou daquelas administracións ou organismos con competencias no asunto co fin de solucionar definitivamente os problemas que periodicamente ven padecendo a veciñanza dos Corrais (Serantes) polas inundacións do dito río, así como dos danos e perdas producidas tras a última inundación.
Para Esquerda Unida-IU de Ferrol a actitude mostrada polo Alcalde Ferrol ata o momento neste asunto denota por un lado a súa ineficacia e irresponsabilidade e, por outra, a súa insensibilidade cara este colectivo.
Ineficacia e irresponsabilidade porque como máximo representante dos veciños e veciñas tiña que ter actuado xa, no sentido que se lle indica no escrito presentado polo noso Grupo Municipal, e esixir con firmeza unha solución aos problemas da veciñanza dos Corrais. Un Alcalde ten que ser o primeiro dos veciños e das veciñas en reivindicar a solución aos problemas destes e destas. Na nosa opinión, non é excusa lavarse as mans como fixo ata agora e dicir que non é competencia do Concello e ao igual que reivindica, incluso con cartos de todos e todas por medio de propaganda, determinadas infraestructuras necesarias para a nosa cidade, debe levantar o teléfono e iniciar as xestións oportunas para defender aos veciños e veciñas de Ferrol poñéndose á cabeza das súas demandas.
Insensibilidade porque estamos a falar dun asunto que afecta a un dos dereitos básicos das persoas, o dereito á vivenda, un dereito que se veu conculcado polo desbordamento dun río que leva anos sen recibir os coidados de limpeza que lle son propios. Un Alcalde non pode dar a espalda aos seus veciños e ás súas veciñas ante unha situación que lles está afectar ás súas propias vidas. O Alcalde ten, na nosa opinión, que baixar do seu pedestal, poñerse a par da veciñanza e ter como propios os seus problemas.
Así pois, dende Esquerda Unida-IU de Ferrol solicitámoslle ao Sr. Alcalde que dunha vez dea os pasos pertinentes para solucionar o problema creado no que existen varias administracións implicadas e que tome a iniciativa en aras a solucionar as cuestións técnicas para que non se volvan a producir novos anegamentos, para tratar das inquedanzas e dos danos e perdas dos veciños e veciñas dos Corrais. De facelo, esta formación política e os veciños e veciñas da nosa cidade llo agradecerán.
Ferrol, 19 de febreiro de 2007
Esquerda Unida-IU de Ferrol
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
Home
Os corrais
Que o Alcalde asuma o seu cargo para solucionar os problemas da veciñanza dos Corrais
martes, febreiro 20, 2007
Que o Alcalde asuma o seu cargo para solucionar os problemas da veciñanza dos Corrais
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan martes, febreiro 20, 2007
Tags
Artigos relacionados
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon